I Torneo Internacional Concello de Oroso
O Sábado, 6 de Setembro de 2025 no Pavillón Juanito Amigo Ferreiro (Sigüeiro) tivo lugar o 10º torneo pertencente ao XXXVI Circuito Galego de Xadrez Internacional 2025: I Internacional Concello de Oroso.
Doble empate a 7,0 puntos onde o IM Sion Radamantys Galaviz Medina proclamouse campión o IM Luis Marcos Medarde Santiago foi subcampión e o xogador FM Banele Mhango foi o 3º clasificado con 6,5 puntos.
Clasificación Provisional XXXVI Circuito Galego de Xadrez 2025.
XVI Torneo Internacional Concello de Rianxo
O Domingo, 7 de Setembro tivo lugar a clausura e entrega de premios do 7º torneo pertencente ao XVIII Circuíto Galego Promoción 2025: XVI Torneo Internacional Concello de Rianxo, coa participación de 59 xogadores.
Enlaces Info64: categoría Sub-08, categoría Sub-10, categoría Sub-12 y categoría Sub-14.
Clasificación Provisional XVIII Circuíto Galego Promoción 2025.
O Domingo, 7 de Setembro de 2025 no Pavillón de Deportes de Rianxo tivo lugar o 11º torneo pertencente ao XXXVI Circuito Galego de Xadrez Internacional 2025: XVI Torneo Internacional Concello de Rianxo.
Triple empate a 7,0 puntos onde o FM Rubén Fernández López proclamouse campión, o IM Sion Radamantys Galaviz Medina foi subcampión e o xogador FM Alexander Zambrano Rodriguez foi o 3º clasificado.
Clasificación Provisional XXXVI Circuito Gallego de Ajedrez 2025.
Campionato de España Individual Xuvenil Sub-18 2025
Onte (28/08/2025) tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato de España Individual Xuvenil Sub-18 2025 que tivo lugar nos salóns do Hotel RL Ciudad de Úbeda (Jaén).
A xogadora WFM do Club Xadrez Fontecarmoa, Paula Suárez Gómez, proclamouse Subcampioa de España Xuvenil Sub-18 2025 con 5,0 puntos e posto 56º da xeral.
O FM da Sección Deportiva USC, Diego Cacheiro, acadou o 6º posto con 6,5 puntos. A mesma puntuación que o xogador do CD Xadrez Ourense, FM Xulio Del Prado Rodríguez que conseguiu o 7º posto.
IX Juan Carlos Abella
O Sábado, 23 de Agosto de 2025 na Casa do Xadrez Ferrolá tivo lugar o 8º torneo pertencente ao XXXVI Circuito Galego de Xadrez Internacional 2025: IX Juan Carlos Abella (torneo tipo C).
Triple empate a 6,0 puntos onde o MI Mariano Ortega Amarelle proclamuse campión con 6,0 puntos, o MF Marcos Antonio Morales Mármol foi subcampión e o xogador Noel Casares Pedride foi o 3º clasificado.
Clasificación Provisional XXXVI Circuito Galego de Xadrez 2025 (actualizada o 25/08/2025).
CECLUB 2ª División 2025
Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios do CECLUB de 2ª División 2025.
No Grupo Norte (celebrado en Sabadell – Barcelona) o Círculo Ferrolán de Xadrez obtivo o 7º posto con 8,0 puntos e o Xadrez Mos o 14º posto con 6,0 puntos.
No Grupo Sur (celebrado en Linares – Jaén) a Escola Luguesa de Xadrez obtivo o 20º posto con 6,0 puntos.
III ERLAC Clásico Cidade da Coruña
Do 11 ao 16 de Agosto na Fundación Escuela Universitaria de Relaciones laborales de A Coruña, tivo lugar o 7º torneo pertencente ao XXXVI Circuito Galego de Xadrez Internacional 2025: III ERLAC Clásico Cidade da Coruña (torneo tipo B).
O xogador Marcos Villalba Ambid proclamouse campión con 6,5 puntos, Eduardo Cabañas Lopez (CD Marquiño) e Nicolás Fernández Sabajanes (EX Compostela) obtiveron o 2º e 3º posto respectivamente con 5,5 puntos.
Clasificación Provisional XXXVI Circuito Galego de Xadrez 2025 (actualizada o 18/08/2025).














