Campionato de España Individual Absoluto de Xadrez Lóstrego e Rápido 2025
Celebrados os Campionatos de España Individuais Absolutos de xadrez Lóstrego e xadrez Rápido o 15 e 16 de Agosto en Mengíbar (Jaén), os GM Miguel Santos Ruiz con 9,5 puntos e Jaime Santos Latasa con 9,0 puntos proclamáronse campións nas modalidades respectivas.
XL Open Internacional de Ajedrez Albariño
O Sábado, 09 de Agosto de 2025 tivo lugar a clausura e entrega de premios do 6º TORNEO PERTENCENTE AO XXXVI CIRCUITO GALEGO DE XADREZ INTERNACIONAL 2025: XL Open Internacional de Ajedrez Albariño (Torneo Tipo C).
Iago Fernández Ramos (CD Marquiño) proclamouse campión con 9,0 puntos, seguido de Eduardo Cabañas Lopez (CD Marquiño) con 8,0 puntos e de Rafael Rodríguez López (CDA Ruy Lopez Chicla) con 7,0 puntos.
Clasificación final do XL Open Internacional de Ajedrez Albariño.
Clasificación Provisional XXXVI Circuito Galego de Xadrez 2025 (actualizada o 11/08/2025).
Campionatos de España 2025
A Feda a través das seguintes circulares, convoca novos Campionatos de España 2025:
- Circular 13/2025- COMUNICADO CAMBIO LOCAL DE XOGO. Convocatoria do Campionato de España de Xarez Rápido Sub 08 a Sub18 2025 Anexo 1 – Anexo 2 Reserva Aloxamento. A data de inscrición é ata o 21/07/2025. PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO.
- Circular 14/2025 –Convocatoria do Campionato de España por Equipos de Club de Segunda División 2025 –Anexo 1– Anexo 2 Situación Extracomunitarios. A data de inscrición é ata 09/07/2025. PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO.
- Circular 19/2025- Convocatoria do Campionato de España Individual Xuvenil Sub-18 2025- Anexo 1. A data de inscrición é ata o 2/08/2025 (clasificados) é ata o 09/08/2025 (xeral). PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO.
- Circular 20/2025- Convocatoria do Campiontao de España de Aficionados 2025 Tramos de Elo 1700, 2000- 2300 . A data de inscrición é ata o 20/08/2025.
- Circular 21/2025: Convocatoria do Campionato de España Individual Absoluto de Xadrez Lóstrego 2025. A data de inscrición é ata o 08/08/2025. PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO.
- Circular 22/2025: Convocatoria do Campionato de España Individual Absoluto de Xadrez Rápido 2025. A data de inscrición é ata o 09/08/2025. PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO.
Campionato de España Xadrez Rápido por equipos de Club 2025
A Federación Española de Ajedrez a través da súa circular 23/2025 convoca o Campionato de España de Xadrez Rápido por equipos de Club 2025.
Terá lugar nos salóns do Restaurante Mandala en Zafra (Badajoz) o 20 de Setembro de 2025.
A cota de inscrición é de 60,00 € e o prazo estará aberto ata o 05 de Setembro de 2025.
Campionato de España de Xadrez Rápido Sub8 a Sub18-2025
O Domingo 27 de Xullo tivo lugar a clausura e entrega de premios na Institución Ferial de Extremadura FEVAL -Salón de Bodas en Don Benito (Badajoz) do Campionato de España de Xadrez Rápido Sub 8 a Sub18 2025.
Na Categoría Sub 08 os xogadores Eric March Lleti e Sofía Inés Moreno Azorín da Federación de Xadrez da Comunidade Valenciana proclamarónse Campións de España de Xadrez Rápido Sub 08. O xogador galego mellor clasificado foi Artai Lamela Babarro (Club Deportivo Xadrez Ourense) no posto 8º con 6 puntos.
Na Categoría Sub 10: Hugo Pérez Solana da Federación Extremeña de Xadrez e Laia Cid Marcos da Federación Catalana de Xadrez proclamarónse Campións de España de Xadrez Rápido Sub 10. O mellor clasificado galego foi a xogadora Mar Rodriguez Collazo (TDFC) no posto 59 con 4.5 puntos.
Na Categoría Sub 12: Hugo Giráldez Requena e Alba Perea Fruet da Federación Andaluza de Xadrez proclamarónse Campións de España de Xadrez Rápido Sub 12 O xogador galego mellor clasificado foi Daniel Manrique Garcia (Club Deportivo Xadrez Ourense) no 4º posto con 7 puntos.
Na Categoría Sub 14: Martín Krauchi Romero da Federación Balear de Xadrez e Ester Prieto Rol da Federación Extremeña de Xadrez proclamarónse Campións de España de Xadrez Rápido Sub 14. A xogadora galega Jimena Lavinia Abad (Alonso Deportivo Xadrez Ourense) foi a 2ª clasificada feminina no posto 26 da xeral.
Na Categoría Sub 16: MF Daniel Tabuenca Mendataurigoitia da Federación Cántabra de Xadrez e Laia Bosch Carrera da Federación Catalana de Xadrez proclamarónse Campións de España de Xadrez Rápido Sub 16. O xogador galego mellor clasificado foi Iago Fernandez Ramos (Club Deportivo Marquiño) no posto 5º con 6 puntos.
Na Categoría Sub 18: IM Diego Vergara Antón da Federación de Xadrez do Principado de Asturias e Cristina Sureda González da Federación Balear de Xadrez proclamarónse Campións de España de Xadrez Rápido Sub 18. A xogadora galega Pura Dieguez Novoa (Xadrez Benchoshey) foi a 2ª clasificada feminina no posto 15 da xeral.
Parabéns a tod@s!!
Enlaces Info64: Sub 08, Sub 10, Sub 12, Sub 14, Sub 16 y Sub 18
II Romaría Xadrez Viking Rise
O Sábado 26 de Xullo tivo lugar a clausura e entrega de premios do 6º torneo pertencente ao XVIII Circuíto Galego Promoción 2025: II Romaría Viking Rise de Xadrez, coa participación de 97 xogadores.
Enlace Info64: categoría Sub-08, categoría Sub-10, categoría Sub-12 e categoría Sub-14.
Clasificación Provisional XVIII Circuíto Galego Promoción 2025.
Toda la información en este enlace.














