Campionato de España Individual Sub 16
O Venrés 25 de Xullo tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Envía Almería SPA Golf (Vícar) do Campionato de España Individual Sub 16, Daniel Tabuenca Mendataurigoitia da Federación Cántabra de Xadrez e Elena Rodríguez Canovás da Federación de Xadrez da Rexión de Murcia proclamaronse Campións de España de Xadrez Categoría Sub 16.
O xogador galego mellor clasificado foi Ricardo Oubiña Pazos (Club Xadrez Fontecarmoa) no posto 29 con 6 puntos.
XXIV Aberto de Arteixo de Xadrez
O Mércores 23 de Xullo tivo lugar a clausura e entrega de premios do 5º torneo pertencente ao XXXVI Circuíto Galego de Xadrez Internacional 2025: XXIV Aberto de Arteixo de Xadrez, onde Luis Marcos Medarde Santiago proclamouse Campión con 7 puntos.
Clasificación Provisional XXXVI Circuíto Galego de Xadrez Internacional 2025.
Toda la información en este enlace.
Campionato de España Individual Sub 14
O sábado 19 de Xullo tivo lugar no Hotel Envía Almería SPA Golf (Vícar) a clausura e entrega de premios do Campionato de España Individual Sub 14, Martín Krauchi Romero da Federación Balear de Xadrez e Adriana García Rodríguez da Federación Canaria de Xadrez proclamaronse Campións de España de Xadrez categoría Sub 14.
O xogador galego mellor clasificado foi Diego Ibañez Cruces no posto 13 con 6,5 puntos.
Campionato de España Individual Sub 12
Onte tivo lugar no Hotel Envía Almería SPA Golf (Vícar) a clausura e entrega de premios do Campionato de España Individual Sub 12, onde Lucas González López da Federación de Xadrez da Comunidade Valenciana e Oceane Clerc da Federación Catalana de Xadrez proclamaronse Campións de España de Xadrez na Categoría Sub 12.
O xogador galego mellor clasificado foi Javier Lema Fernández (Escola Xadrez Pontevedra) no sétimo posto con 7 puntos.
XL Festival Internacional de Xadrez “Cidade de Ferrol”
O Sábado 12 de Xullo tivo lugar a clausura e entrega de premios do 4º torneo pertencente ao XXXVI Circuíto Galego de Xadrez Internacional 2025: XL Ciudad de Ferrol, onde Juan Alberto Gomez Aguirre proclamouse Campión con 5,5 puntos.
Clasificación Provisional XXXVI Circuíto Galego de Xadrez Internacional 2025.
Toda la información en este enlace.
Campionato de España Individual Sub 10
Onte tivo lugar no Hotel Envía Almería SPA Golf (Vícar) a clausura e entrega de premios do Campionato de España Individual Sub 10, onde Marc Barceló Melnyk e Laia Cid Marcos, ambos da Federación Catalana de Xadrez proclamaronse Campións de España.
O xogador galego mellor clasificado foi Noe Diz Eitor (Club de Ajedrez Padrón) no posto 6 con 7 puntos.














