Monthly Archives: Marzo 2018

Campionatos Galegos Semana Santa 2018

O 25, 26 e 27 de Marzo de 2018 tiveron lugar as clausuras dos Campionatos Galegos Sub-08, Sub-10, Sub-12 e Sub-16, respectivamente.

Na categoría Sub-08 o xogador da Escola Luguesa, Uxio Vilariño, proclamouse campión con 8 puntos dos 8 posibles. Sergio Diniz, do Circulo Xadrez Narón, foi subcampión con 7 puntos. A xogadora Emma Cernadas Camean, do Ajedrez Marquiño, foi a 1ª clasificada feminina e Maria Alonso, de Villa de Bouzas, a 2ª clasificada feminina.

Na categoría Sub-10 o xogador do Xadrez Bretema, Iago Fernandez, proclamouse campión con 7 puntos dos 8 posibles. Diego Cacheiro, da USC, foi subcampión. A xogadora Nerea Cereijo, da Escola Xadrez Compostela, foi a 1ª clasificada feminina e Irene Diz, do Xadrez Fontecarmoa, a 2ª clasificada feminina.

Na categoría Sub-12 o xogador do Ajedrez Marquiño, David Cernadas, proclamouse campión con 6.5 puntos dos 8 posibles. Pedro Fernandez, da Escola Luguesa, foi subcampión. A xogadora Paula Suarez, do Xadrez Fontecarmoa foi a 1ª clasificada feminina e Carmen Portela, da Escola Xadrez Pontevedra, a 2ª clasificada feminina.

Na categoría Sub-16 o xogador da USC, David Buitron, proclamouse campión con 6.5 puntos dos 8 posibles. Martin Gomez, do Xadrez Ourense, foi subcampión. A xogadora Sabela Iglesias, da ETX da Coruña, foi a 1ª clasificada feminina e Paula Quintas, da Escola Luguesa, a 2ª clasificada feminina.

Máis información: Sub-08, Sub-10, Sub-12, Sub-16 e Absoluta.

IV Open Internacional Sub-2200 Hotel Cemar

¡¡BASES MODIFICADAS!!

Datas: O 31 de Marzo e 01 de Abril de 2018

Local de xogo: Salons Hotel CEMAR sito na Estrada Xeral Ponteareas-Mondariz, Km 7 – Mondariz Balneario.

Bases e inscricións.

Listaxe inscritos.

Fotos do torneo.

XXXI Circuito Galego de Xadrez 2018

A Federación Galega de Xadrez para poder proceder a planificar e organizar o XXXI Circuito Galego de Xadrez durante os próximos meses de xuño, xullo e agosto, realizará unha reunión para fixar as normas e o calendario final do mesmo, que terá lugar no hotel Scala de Padrón o vindeiro día 24 de Marzo ás 17:30 horas.

No caso de participar, deberá remitir o formulario do torneo cumprimentado (formato doc ou pdf).

Cancelación rexistral de determinadas entidades deportivas

Hoxe publicouse no DOG o ”ANUNCIO do 7 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral para o Deporte, polo que se notifica a Resolución do 7 de marzo de 2018 pola que se decreta a cancelación rexistral no Rexistro de Entidades Deportivas e a perda do recoñecemento oficial de determinadas entidades deportivas”.

Conforme se indica no punto terceiro da Resolución contida no ANUNCIO: “As federacións deportivas galegas, de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 3/2012, do deporte de Galicia, deberán dar de baixa aquelas entidades deportivas afiliadas a cada federación que figuren no anexo I.

Infórmase que o reflexado no parrafo anterior é soamente para efectos deportivos, a afiliación terá vixencia ata a finalización da competición oficial (31 Decembro 2018) en que figuren inscritas as entidades recollidas no anexo I”.

Máis información, neste enlace.

Circulares FEDA 2018: Calendario Deportivo e Convocatoria Campionatos de España Sub-08 a Sub-18.

Circular FEDA 07/2018: Calendario Deportivo 2018.

Circular FEDA 08/2018: Convocatoria dos Campionatos de España Sub-08 a Sub-18 2018.

Instruccions, prezos e condicións para a reserva hotelera.

Formulario reservas Best Western Hotel Salobreña (formato doc ou pdf)

Circular FEDA 09/2018: Convocatoria dos Campionatos de España de xadrez rápido Sub-10 a Sub-18 2018.

Curso de Monitor de Xadrez Nivel I

Circular FEDA 06/2018: Convocatoria Curso de Monitor de Xadrez, Nivel I.

Anexo 1.- Solicitude convalidación CSD.

Anexo 2.- Formulario de inscrición.

Anexo 3.- Modelo TA 1.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies