Monthly Archives: Xaneiro 2019

Liga Galega por equipos de Club 2019

Este sábado, 26 de Xaneiro de 2019, terá lugar a primeira rolda da Liga Galega por equipos de Club 2019 onde preto de 1000 xogadores participarán.

Lémbrase que todo xogador para competir na Liga Galega por equipos de Club 2019 deberá estar correctamente federado e alineado a traves do programa XEFEGA. A partir do 1 de Xaneiro de 2019 o estado “FEDERADO” terá que ser confirmado pola federación, por tal motivo, previamente terá que ter abonada a cota da licenza e dado de alta no seguro deportivo correspondente.

Pregamos que se envie notificación, das novas incorporacións, por e-mail (fegaxa@fegaxa.org) cá copia do/s ingreso/s, debendo ter entrada na Federación antes das 12:00 horas dos venres anterior de cada rolda para poder realizar ditas xestións, sempre respetando o prazo máximo de alineacións das 48 horas antes da 6ª rolda.

Campionatos Provinciais 2019

Rematados os Campionatos Provinciais 2019, publícanse as clasificacións finais neste enlace.

Circulares Fegaxa 2019

Circular 01/2019: Cuotas e inscricións para a tempada 2019.

Circular 02/2019: Seguro Deportivo programa Xogade 2019.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies