Monthly Archives: Marzo 2021

Campionatos Galegos Sub14 e Sub16 2021

Onte  tivo lugar a clausura e entrega de premios  no Hotel Scala de Padrón (A Coruña) dos Campionatos Galegos Sub14 e Sub16.

Alejandro Cereijo (EX Compostela) proclamouse Campión Galego Sub-14 con 6,5 puntos dos 8 posibles, Hugo Dominguez (tamén da EX Compostela) foi subcampión galego e Xulio Del Prado (do Círculo Chantadino) 3º clasificado. Nerea Cereijo (EX Compostela) acadou o 13º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.

Na categoría Sub-16, Rubén Fernández (EX Pontevedra) proclamouse Campión Galego Sub-16 con 7 puntos dos 8 posibles, Juan Manuel Martínez (tamén da EX Pontevedra) foi subcampión galego e o 3º clasificado Luca Rey (Xadrez Fontecarmoa). Marta Quintás Fernández acadou o 4º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.

Enlaces Info64:

Campionato Galego Sub-14 Open 2021.

Campionato Galego Sub-16 Open 2021.

Retransmisión:

Campionato Galego Sub-14 Open 2021.

Campionato Galego Sub-16 Open 2021.

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria

Según os estatutos da FEGAXA e de acordo coa Lei do Deporte de Galicia, convócase reunión da Asemblea Xeral Ordinaria desta federación deportiva para o vindeiro día 11 de abril de 2021, ás 11:00 horas en primeira convocatoria e ás 11:30 en segunda convocatoria, en el HOTEL SCALA de Padrón.

Orde do día.

Acta da Asemblea anterior (correspondente ao punto 1).

Memoria Deportiva 2020 (correspondente ao punto 2).

Contas anuales 2020 (correspondente ao punto 3).

Cuotas licenzas deportivas 2022 (correspondente ao punto 4).

Solicitudes e concesión arbitraxe Campionatos Galegos 2021

Rematado o prazo de solicitude de arbitraxe para os Campionatos Galegos 2021, pubícase a concesión de cada categoría como árbitro principal e árbitro adxunto, neste enlace.

Circular interpretativa das medidas COVID-19 no ámbito deportivo – Actualizada 18/03/2021

Tendo en conta a entrada en vigor do Decreto 45/2021, do 17 de marzo, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2, e da orde do 17 de marzo, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, publícase a nova guía simplificada das medidas preventivas para facer fronte ao risco de contaxio pola Covid-19 de aplicación ao Deporte Galego.

Circular interpretativa das medidas COVID-19 no ámbito deportivo. Anexo I e Anexo II.

  • DECRETO 45/2021, do 17 de marzo, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do disposto polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.
  • ORDE do 17 de marzo de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Calendario Deportivo Provisional 2021 da Federación Galega de Xadrez

Pubrícase a modificación do calendario deportivo 2021 aprobado pola Comisión Delegada na súa reunión do pasado día 04 de Marzo de 2021.

  • Campionatos Galegos Sub-14 e Sub-16: do 27 ao 30 de Marzo de 2021.
  • Campionatos Galegos Sub-18, Absoluto, Feminino e Veterán: do 01 ao 04 de Abril de 2021.
  • Campionato Galego Sub-08: o 10 e 11 de Abril de 2021.
  • Copa Galicia por equipos de Club:
    • Categoría Cadete: o 24 de Abril de 2021.
    • Categoría Absoluta: o 25 de Abril de 2021.
  • VI Campionato Galego de Xadrez Lóstrego: o 08 de Maio de 2021.
  • X Campionato Galego de Xadrez Rápido: o 09 de Maio de 2021.
  • Campionatos Galegos Sub-10 e Sub-12: do 15 ao 17 de Maio de 2021.

A sede destas competicións será o Hotel Scala de Padrón (A Coruña).

Semana da muller xadrecista

A Comisión de Muller e Xadrez da Federación Española programou as seguintes actividades entre os días 8 e 12 de marzo:

  • Luns, 8 de marzo de 2021 ás 19:00 horas:
    • Mulleres Españolas vs. Mujeres Latinas (Chess24)
    • Entrevista á Presidenta da Comisión de Muller e Xadrez (Chess.com)
  • Martes, 9 de marzo de 2021:
    • Xoga contra a Selección Feminina Española (Chess24)
  • Mércores, 10 de marzo de 2021 ás 18:00 horas:
    • A Cantera Feminina Española contra o Mundo (Chess.com)
  • Xoves, 11 de marzo de 2021 ás 18:00 horas:
    • Masterclass de Xadrez de Iniciación (Chess.com)
  • Venres, 12 de marzo ás 21:00 horas:
    • Torneo Feminino por Seleccións Autonómicas (Lichess)

As interesadas poden obter máis información en: tecnificacion@feda.org

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies