Monthly Archives: Febreiro 2022

Campionato Galego Sub-08 2022 “Xunta de Galicia”

Onte tivo lugar no Hotel Scala de Padrón (A Coruña) a clausura e entrega de premios do Campionato Galego Sub-08 2022 “Xunta de Galicia”.

O xogador do Ajedrez Padrón, Javier Lema Fernández proclamuse Campión, Christian Noya Mellado (Xadrez Oroso) foi o Subcampión e Lois Roo Guillan (Xadrez Fontecarmoa) o 3º clasificado.

Toda a información, neste enlace.

Campionatos Galegos Entroido 2022 “Xunta de Galicia”

Datas Sub-14 e Sub-18: do 26 de Febreiro ao 01 de Marzo de 2022.

Lugar de xogo: Hotel Scala sito na estrada N-550, S/N – 15917 Padrón (A Coruña).

Bases e inscricións.

Enlaces a Info64:

Campionato Galego Sub-14 Open 2022

Campionato Galego Sub-18 Open 2022

Protocolo FisioCovid-DXTGalego de Xadrez.

Declaracións de aceptación e responsabilidade, según modelo protocolo Covid-19:

Categoría Sub-08 a cumprimentar polo pai/nai (formato pdf ou formato word)

Categoría Sub-14 a cumprimentar polo pai/nai (formato pdf ou formato word)

Categoría Sub-18 a cumprimentar polo pai/nai (formato pdf ou formato word)

Categoría Sub-18 a cumprimentar polo xogador se é maior de idade (formato pdf ou formato word).

 

O noso máis profundo pesar polo afundimento do pesqueiro Villa de Pitanxo que, con base en Marín (Pontevedra) naufragou en Terranova (Canada).

Arbitraxes Campionatos Galegos 2022

A Federación Galega de Xadrez convoca os arbitraxes para os Campionatos Galegos 2022.

O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o 14/02/2022 (incluído).

Toda a información, neste enlace.

Campionatos Provinciais 2022 “Xunta de Galicia”

O domingo, 13 de Febreiro de 2022 terán lugar os seguintes Campionatos Provinciais 2022 “Xunta de Galicia”.

As bases dos diferentes Campionatos Provinciais 2022 “Xunta de Galicia” neste enlace.

Todo xogador participante deberá cumprir o PROTOCOLO FISIOCOVID-DXTGALEGO PARA XADREZ para competición (antes, durante e despois). En caso contrario, poderán ser dados de baixa no mesmo.

Protocolo FisioCovid-DXTGalego de Xadrez.

Liga Galega por equipos de Club 2022 “Campionato Xunta de Galicia”

Pubrícanse os grupos definitivos para a Liga Galega por equipos de Club 2022 “Campionato Xunta de Galicia”:

Infórmase que o sorteo para os calendarios realizarase o xoves (03/02/2022) a partir das 16:30 horas.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies