Monthly Archives: Abril 2022

Liga Galega por equipos de Club 2022 “Campionato Xunta de Galicia”

Mañá, sábado 02/04/2022, terá lugar a 7ª e derradeira rolda da Liga Galega por equipos de Club 2022 “Campionato Xunta de Galicia” con 208 equipos participantes e máis de 800 xogadores.

LEMBRAMOS A TODOS OS EQUIPOS QUE XA REMATOU O PRAZO DE INCORPORACIÓN DE XOGADORES AOS ORDES DE FORZA (Punto 3.6 do artigo 62 do Título VIII do Regulamento Xeral de Competicións).

Lémbrase que o ritmo de Terceira División será de 60 minutos + 30 segundos/xogada.

XXXIII Circuito Galego de Xadrez Internacional 2022

Dando continuidade ao circuito internacional celebrado no ano 2019, dende a Federación Galega de Xadrez estase a traballar na elaboración do XXXIII CIRCUITO GALEGO DE XADREZ INTERNACIONAL 2022, respetando as tradicións dos torneos e as condicións, caraterísticas e datas de anteriores edicións para cada un deles.

O prazo de solicitude de inscrición pecharase o 07 de Abril de 2022 (incluido). Os interesados deberán enviar o formulario de coordinación debidamente cumprimentado ao e-mail fegaxa@fegaxa.org.

Formulario de coordinación (formato word ou formato pdf).

O Sábado, 09 de Abril de 2022 ás 17:00 horas terá lugar no Hotel Scala de Padrón (A Coruña) a reunión de organizadores da anterior edición e outros que o soliciten fehacentemente.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies