Monthly Archives: Xuño 2022

Campionato de España Sub 08 – 2022

Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Salobreña Suites (Granada)  do Campionato de España   Sub 08 de lentas 2022  onde Pablo Guirado Lara  e Anna Pabón Hermann  de Andalucía alzaronse co Campionato de España na categoría Sub-08. Acompañaronos no  pódio o  Andaluz Hugo Giráldez Requena  como subcampión (7,5 puntos) e Izan Sisas Mainar de Aragón como terceiro clasificado (7,5 puntos).

O xogador galego mellor clasificado foi Javier Lema (Club Ajedrez Padrón) con 6,5 puntos e o 8º posto.

Enlace Info64.

Retransmisión en directo.

Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria

Según os estatutos da FEGAXA e de acordo coa Lei do Deporte de Galicia, convócase reunión da Asemblea Xeral Extraordinaria desta federación deportiva para o vindeiro día 13 de Xullo de 2022, ás 17:30 horas en primeira convocatoria e ás 18:00 en segunda convocatoria, no Salón de Actos da Casa do Deporte de Vigo (sede da Federación Galega de Xadrez).

Orde do día da Asemblea Xeral Extraordinaria.

Toda a documentación está pubricada no seguinte enlace.

Campionato de España por Seleccións Autonómicas 2022

Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Estrella del Norte  en Isla (Cantabria) do Campionato de España por Selecciones Autonómicas categoría Infantil e Cadete 2022, onde a Selección Galega  Infantil  proclamouse Campiona de España 2022,  dar os Parabéns a: Diego Cacheiro( Club USC),  Alejandro Cereijo ( EX  Compostela), Iago Fernandez (CD Marquiño), Nerea Cereijo ( EX Compostela), Irene Diz ( Xadrez Fontecarmoa), Noa Costas ( Xadrez Mos),  e a adestradora Yudania Hernández.

A medalla do mellor segundo taboleiro para  Alejandro Cereijo ( EX  Compostela)  e mellor cuarto taboleiro para Nerea Cereijo ( EX Compostela). Parabéns!

A Selección Galega Cadete  obtivo o sexto posto con 7 puntos.

Enlace Info64:  Categoría Infantil  e  Categoría Cadete

Retransmisión en directo: Categoría Infantil e Categoría Cadete

Circular 15-2022 II Campionato de España de Xadrez Lóstrego por Parellas Mixtas 2022

A Federación Española de Ajedrez publicou a circular 15-2022 coa convocatoria do II Campionato de España de Xadrez Lóstrego  por Parellas Mixtas 2022.
Toda a información neste enlace.

XXXIII Circuito Galego Internacional de xadrez 2022

Pubrícase toda a información correspondente ao XXXIII Circuito Galego Internacional de xadrez 2022.

Infórmase que se actualizaron as bases do X Torneo Internacional de xadrez “Ciudad de Pontevedra”.

Toda a información, neste enlace.

II Torneo Promoción Narón 2022

O sábado tivo lugar a Clausura e entrega de premios do 5º Torneo pertencente ao  XV Circuito Galego de Promoción 2022: II Torneo Promoción Narón, coa participación de 67 xogadores.

Enlaces a Info64: Sub-08Sub-10Sub-12  y Sub-14.

Clasificación Provisional do XV Circuito Galego Xadrez Promoción 2022  (Actualizada 20/06/2022)

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies