Daily Archives: 22 de Febreiro de 2023

Torneos día internacional da Muller

Dende a Federación Internacional de Xadrez organizouse unha Batalla de Xadrez Feminina por Paises.

Data: sábado 25 de Febreiro de 2023 as 19:00 h.

Inscricións:

  1. Pertencer o equipo de Lichess “Women Spain Team, no seguinte enlace:https://lichess.org/team/women-spain-tea
  2. Inscribirse  no torneo  no seguinte enlace: https://lichess.org/tournament/nJrBFCnb/teams
  3. unha vez aquí  apuntarse  o equipo: Women Spain Team!

Dende a Comisión  da Muller e  Xadrez da FEDA  organizouse a  III Batalla feminina por Comunidades na Semana da Muller!

Data: domingo 5 de Marzo de 19-20 horas.

Inscricións

Campionatos Galegos Entroido 2023 “Xunta de Galicia”

Onte tivo lugar  a clausura e entrega de premios no Hotel Scala (Padrón) dos Campionatos Galegos Entroido 2023 “Xunta de Galicia”, categorías Sub-14 Open e Sub-18 Open.

Na Categoría Sub-14, o xogador do Club Xadrez Mos,  Javier Del  Valle Crespo  proclamouse Campión, Sergio Diniz Lopez  (Círculo Xadrez Narón) foi o  Subcampión  e  Uxio Vilariño Lorenzo (Escola Luguesa  de Xadrez) o 3º clasificado.

Na Categoría Sub-18,  proclamouse Campión o xogador Pablo Lopez Varela da Escola Luguesa de Xadrez, Xulio Del Prado Rodriguez (Club Deportivo Xadrez Ourense) foi o Subcampión e David Cernadas Camean (Club Deportivo Marquiño) o 3º clasificado.

¡Parabéns a todos!

Toda a información, neste enlace.

Enlaces Info64:

Campionato Galego Sub-14 Open 2023

Campionato Galego Sub-18 Open 2023