Daily Archives: 24 de Maio de 2023

Liga Galega por equipos de Club 2023

O  sábado 20 de Maio de 2023  tivo lugar a derradeira rolda da  Liga Galega por equipos de Club 2023, «Campionato Xunta de Galicia».

O equipo CXF- Viajes Interrias Sanxenxo proclamouse Campión da máxima categoría galega: División de Honra, tras empatar  con 46 puntos có  Benchoshey Pereiro de Aguiar e só 21,75 puntos de sonen de diferencia.

Na Primeira División o Clubexa A, USC, Xadrez Bueu A e  Club Xadrez Mos A ascenden a División de Honra para a tempada 2024.

¡¡Dar a  noraboa os equipos que conseguiron o ascenso de categoría para a tempada 2024!!