Monthly Archives: Xullo 2023

Campionato de España Sub-16 Lentas Sub -16 Xadrez Rápido 2023

 

O sábado 29 de xullo tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato de España Sub-16 de lentas no Hotel Salobreña Suites, onde o xogador Galego Xulio del Prado Rodriguez (Club Deportivo Xadrez Ouense)  proclamouse Campión con 8.5 puntos,  acompañao no podio Diego Cacheiro Blanco (Club USC) en segunda posición con 7.5 puntos e Paula Suarez Gomez (Xadrez Fontecarmoa) segunda Clasificada Feminina.

Enlace Info64

Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no  Hotel Salobreña Suites (Granada) do Campionato de España Sub-16 de rápidas, Diego Macias Pino da Comunidad Valenciana e Arami Lobo Pereira de Cataluña  proclamaronse Campións de España por Edades de Xadrez Rápido Sub 16, a xogadora Galega Nerea Cereijo Suarez (Escola Xadrez Compostela) obtivo o segundo posto do podio Feminino.

Enlace Info64

 

¡Parabéns!

Campionato de España por Equipos Ceclub Segunda División 2023

A Feda a través da súa circular 14/2023 convoca o  Campionato de España por equipos Ceclub Segunda División 2023.

Toda a información neste enlace.

Anexo 1 inscripción.

XI Torneo Internacional Cidade de Pontevedra

O domingo 30 de Xullo de 2023 tivo lugar a clausura e entrega de premios do III Torneo pertencente ao  XXXIV Circuito Galego Internacional de Xadrez 2023:  XI Torneo Internacional Cidade de Pontevedra  donde o GM  Vignesh NR   proclamouse campión  con 7  puntos.

Enlace Info64

Clasificación Provisional del XXXIV Circuito Gallego de Ajedrez 2023 (Actualizado 31/07/2023)

XXXV Torneo Infantil de Xadrez Albariño

O domingo 30 de xullo de 2023 tivo lugar a clausura e entrega de premios do  VI TORNEO PERTENCENTE AO XVI CIRCUITO GALEGO XADREZ PROMOCIÓN 2023,  XXXV Torneo Infantil del Albariño con cerca de 100 xogadores participantes.

Máis información do torneo, neste enlace.

Enlaces a Info64: Sub-08Sub-10Sub-12 y Sub-14.

Clasificacion Provisional XVI Circuito Galego Xadrez Promoción2023 (actualizado el 31/07/2023).

AXUDAS DGAN 2023

Publicouse  listaxe provisional das solicitudes admitidas, pendentes de documentación e denegadas do procedemento PR961A AXUDAS DGAN 2023“.

O prazo de subsanación, se fose o caso, prolongarase durante 10 día hábiles, ata o vindeiro luns 7 de agosto.

Toda a  información neste enlace.

XXXVIII Festival Internacional de Xadrez “Cidade de Ferrol”

Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios do 2º Torneo pertencente ao  XXXIV Circuito Galego Internacional de Xadrez 2023: XXXVIII Festival Internacional de Xadrez ” Cidade de Ferrol”, onde o IM  Lennis Martinez Ramirez proclamouse campión  con 8,5 puntos.

Máis información do torneo, neste enlace.

Enlace Info64

Clasificación Provisional do  XXXIV Circuito Galego de Xadrez 2023 (Actualizado 24/07/2023)

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies