Monthly Archives: Febreiro 2024

XVII Circuito Galego Xadrez Promoción 2024

Dando continuidade ó circuito promoción celebrado no ano 2023, dende a Federación Galega de Xadrez estase a traballar na elaboración do XVII CIRCUITO GALEGO PROMOCION 2024, nun intento de seguir promocionando o xadrez nos rapaces mais xóvenes da sociedade galega aficionados a este deporte.

O prazo de inscrición das entidades no XVII Circuito Galego Xadrez Promoción pecharase o 01 de abril de 2024, non obstante, terán preferencia os torneos incluídos no calendario 2023 e o resto das solicitudes por orde de entrada.

Máis información neste enlace.

Campionatos Galegos “Xunta de Galicia” Sub14 e Sub 18 2024

Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala (Padrón) dos Campionatos Galegos ” Xunta de Galicia” 2024 , categorías Sub-14 Open e Sub-18 Open.

Na Categoría Sub-14, o xogador do Club Xadrez Mos, Javier Del Valle Crespo  proclamouse Campión,  Nicolas Amado Fernandez  (Club Xadrez Val do Dubra) foi o Subcampión e Diego Ibañez Cruces (Club Ajedrez Lucena) o  3º clasificado. Antía Reboredo Barroso  (Club Xadrez Ramiro Sabell) acadou o porto 19º da xeral e  foi a primeira clasificada feminina.

Na Categoría Sub-18, proclamouse Campión o xogador  Diego Cacheiro Blanco do Club USC, Xulio del Prado Rodriguez  (Club Deportivo Xadrez Orense)  foi o Subcampión  e Eduardo Cabañas Lopez (Club USC) o 3º clasificado.  Paula Suarez Gomez (Club Xadrez Fontecarmoa) acadou o 7º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.

Toda a información, en este enlace.

 

¡Parabéns a todos!

Campionato Galego “Xunta de Galicia” Sub 08 2024

Onte tivo lugar no Hotel Scala de Padrón (A Coruña) a clausura e entrega de premios do Campionato Galego  “Xunta de Galicia ” Sub-08 2024.

O xogador da Escola Ames Xadrez,  Fernando Carregal Toledo proclamouse Campión,  Anna Soares Barreiro (C.X. As Burgas) quedou en segundo lugar na Xeral e Primeira Clasificada Feminina e  Manuel Rios Delgado (Ajedrez Lucena) o 3º clasificado.

Toda a información, neste enlace.

Parabéns a todos!

Campionatos Galegos Entroido 2024 “Xunta de Galicia”

Rematado o prazo de inscrición, publícanse os enlaces de Info64 das diferentes categorías a celebrar no Hotel Scala (Padrón) do 10 ao 13 de Febreiro de 2024:

Campionato Galego Sub-08 2024.

Campionato Galego Sub-14 2024.

Campionato Galego Sub-18 2024.

Retransmisión:

Campionato Galego Sub-08 2024.

Campionato Galego Sub-14 2024.

Campionato Galego Sub-18 2024.

Toda a información, neste enlace.

IX Campionato de España Escolar por Equipos. Categorías Sub-12 e Sub-18 2024

A Federación Española de Ajedrez a través da súa circular 02/2024 convoca o IX Campionato de España Escolar por Equipos. Categorías Sub-12 e Sub-18 2024.

Toda a información, neste enlace.

Campionatos Provinciais 2024 “Xunta de Galicia”

Este fin de semana terá lugar a categoría Absoluta dos Campionatos Provinciais de Ourense “Xunta de Galicia”. Enlace a Info64.

Máis información dos Campionatos Provinciais 2024 “Xunta de Galicia”, neste enlace.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies