Monthly Archives: Maio 2025
Campionatos Galegos Individuais 2025
X Campionato Galego de xadrez Lóstrego 2025.
O sábado, 31 de Maio tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala (Padrón) dos Campionatos Galegos de Xadrez Lóstrego 2025.
Artai Bringas Gómez (Xadrez Benchoshey) proclamouse Campión Galego de Xadrez Lóstrego con 8,0 puntos, Rubén Fernández López (EX Pontevedra) foi o subcampión Galego e Diego Cacheiro Blanco (SC USC) o 3º clasificado.
XIV Campionato Galego de Rápidas 2025:
O domingo, 01 de Xuño tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala (Padrón) dos Campionatos Galegos de Rápidas 2025.
David García Sobrino (EX Pontevedra) proclamouse Campión Galego de Rápidas con 8,0 puntos, Diego Cacheiro Blanco (SC USC) foi o subcampión Galego e Jose Antonio Sande Edreira ( CX Alexandre Bóveda) o 3º clasificado.
Campionatos Galegos por equipos de Club 2025
Campionato Galego por equipos de Club 2025 – xadrez Lóstrego
O sábado, 24 de Maio de 2025 no Hotel Scala de Padrón tivo lugar o Campionato Galego por Equipos de Club 2025 xadrez Lóstrego, onde o equipo CXF Viajes Interrias proclamouse Campión 2025. O Subcampión foi o equipo xadrez Mos A e o 3º clasificado o Xadrez Benchoshey.
Campeonato Gallego por equipos de Club 2025 – xadrez Rápido
O Domingo, 25 de Maio de 2025 no Hotel Scala de Padrón tivo lugar o Campionato Galego por Equipos de Club 2025 xadrez Rápido, onde o equipo Xadrez Mos A proclamouse Campión 2025. O Subcampión foi o equipo CXF Viajes Interrias e o 3º clasificado o Xadrez Alexandre Bóveda.
Circular Fegaxa 05/2025: Seleccións Autonómicas: Infantil e Cadete 2025
A Federación Galega de Xadrez pubrica @s xogadores/as seleccionad@s para os Campionatos de España de Seleccións Infantís e Cadetes 2025 que terán lugar en Zaragoza desde o 19 ao 22 de Xuño de 2025.
Toda a información, neste enlace.
XVIII Circuito Galego Promoción 2025
A Federación Galega de Xadrez pubrica o calendario do XVIII Circuito Galego Promoción 2025. Toda a información neste enlace.
Liga Galega por equipos de Club 2025
Rematada a Liga Galega por equipos de Club 2025 o pasado 3 de Maio de 2025, o Club Deportivo Xadrez Ourense A proclamouse Campión Galego Absoluto por equipos da tempada 2025 con 45,0 puntos, seguido do Círculo Ferrolano A con 41,0 puntos e o 3º clasificado foi CXF – Viajes Interrias Sanxenxo con 40,5 puntos.
CATEGORIA PREFERENTE:
Tras a xornada decisiva deste sábado 3 de Maio o Club Xadrez Mos A proclamouse Campión da Categoría Preferente 2025.
Ida: Algalia 3,5 vs Club Xadrez Mos A 2.5
Volta: Club Xadrez Mos A 4,5 vs Algalia 1,5
Na promoción de Ascenso a División de Honra será o equipo Lucena XG-Vigo quen participará na máxima categoría Galega 2026:
Ida: Lucena XG -Vigo 3 vs Narontec CXN 3
Volta: Narontec CXN 2,5 vs Lucena XG -Vigo 3,5














