Monthly Archives: Xullo 2025
Campionato de España de Xadrez Rápido Sub8 a Sub18-2025
O Domingo 27 de Xullo tivo lugar a clausura e entrega de premios na Institución Ferial de Extremadura FEVAL -Salón de Bodas en Don Benito (Badajoz) do Campionato de España de Xadrez Rápido Sub 8 a Sub18 2025.
Na Categoría Sub 08 os xogadores Eric March Lleti e Sofía Inés Moreno Azorín da Federación de Xadrez da Comunidade Valenciana proclamarónse Campións de España de Xadrez Rápido Sub 08. O xogador galego mellor clasificado foi Artai Lamela Babarro (Club Deportivo Xadrez Ourense) no posto 8º con 6 puntos.
Na Categoría Sub 10: Hugo Pérez Solana da Federación Extremeña de Xadrez e Laia Cid Marcos da Federación Catalana de Xadrez proclamarónse Campións de España de Xadrez Rápido Sub 10. O mellor clasificado galego foi a xogadora Mar Rodriguez Collazo (TDFC) no posto 59 con 4.5 puntos.
Na Categoría Sub 12: Hugo Giráldez Requena e Alba Perea Fruet da Federación Andaluza de Xadrez proclamarónse Campións de España de Xadrez Rápido Sub 12 O xogador galego mellor clasificado foi Daniel Manrique Garcia (Club Deportivo Xadrez Ourense) no 4º posto con 7 puntos.
Na Categoría Sub 14: Martín Krauchi Romero da Federación Balear de Xadrez e Ester Prieto Rol da Federación Extremeña de Xadrez proclamarónse Campións de España de Xadrez Rápido Sub 14. A xogadora galega Jimena Lavinia Abad (Alonso Deportivo Xadrez Ourense) foi a 2ª clasificada feminina no posto 26 da xeral.
Na Categoría Sub 16: MF Daniel Tabuenca Mendataurigoitia da Federación Cántabra de Xadrez e Laia Bosch Carrera da Federación Catalana de Xadrez proclamarónse Campións de España de Xadrez Rápido Sub 16. O xogador galego mellor clasificado foi Iago Fernandez Ramos (Club Deportivo Marquiño) no posto 5º con 6 puntos.
Na Categoría Sub 18: IM Diego Vergara Antón da Federación de Xadrez do Principado de Asturias e Cristina Sureda González da Federación Balear de Xadrez proclamarónse Campións de España de Xadrez Rápido Sub 18. A xogadora galega Pura Dieguez Novoa (Xadrez Benchoshey) foi a 2ª clasificada feminina no posto 15 da xeral.
Parabéns a tod@s!!
Enlaces Info64: Sub 08, Sub 10, Sub 12, Sub 14, Sub 16 y Sub 18
II Romaría Xadrez Viking Rise
O Sábado 26 de Xullo tivo lugar a clausura e entrega de premios do 6º torneo pertencente ao XVIII Circuíto Galego Promoción 2025: II Romaría Viking Rise de Xadrez, coa participación de 97 xogadores.
Enlace Info64: categoría Sub-08, categoría Sub-10, categoría Sub-12 e categoría Sub-14.
Clasificación Provisional XVIII Circuíto Galego Promoción 2025.
Toda la información en este enlace.
Campionato de España Individual Sub 16
O Venrés 25 de Xullo tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Envía Almería SPA Golf (Vícar) do Campionato de España Individual Sub 16, Daniel Tabuenca Mendataurigoitia da Federación Cántabra de Xadrez e Elena Rodríguez Canovás da Federación de Xadrez da Rexión de Murcia proclamaronse Campións de España de Xadrez Categoría Sub 16.
O xogador galego mellor clasificado foi Ricardo Oubiña Pazos (Club Xadrez Fontecarmoa) no posto 29 con 6 puntos.
XXIV Aberto de Arteixo de Xadrez
O Mércores 23 de Xullo tivo lugar a clausura e entrega de premios do 5º torneo pertencente ao XXXVI Circuíto Galego de Xadrez Internacional 2025: XXIV Aberto de Arteixo de Xadrez, onde Luis Marcos Medarde Santiago proclamouse Campión con 7 puntos.
Clasificación Provisional XXXVI Circuíto Galego de Xadrez Internacional 2025.
Toda la información en este enlace.
Campionato de España Individual Sub 14
O sábado 19 de Xullo tivo lugar no Hotel Envía Almería SPA Golf (Vícar) a clausura e entrega de premios do Campionato de España Individual Sub 14, Martín Krauchi Romero da Federación Balear de Xadrez e Adriana García Rodríguez da Federación Canaria de Xadrez proclamaronse Campións de España de Xadrez categoría Sub 14.
O xogador galego mellor clasificado foi Diego Ibañez Cruces no posto 13 con 6,5 puntos.
Campionato de España Individual Sub 12
Onte tivo lugar no Hotel Envía Almería SPA Golf (Vícar) a clausura e entrega de premios do Campionato de España Individual Sub 12, onde Lucas González López da Federación de Xadrez da Comunidade Valenciana e Oceane Clerc da Federación Catalana de Xadrez proclamaronse Campións de España de Xadrez na Categoría Sub 12.
O xogador galego mellor clasificado foi Javier Lema Fernández (Escola Xadrez Pontevedra) no sétimo posto con 7 puntos.














