Monthly Archives: Novembro 2025
Convocatoria axudas DGAN-TAXAGAN 2025
O prazo de presentación de solicitudes rematará o xoves 4 de Decembro de 2025.
Máis información, neste enlace.
XVII Open Xadrez McDonalds Vilagarcía 2025
O Sábado 29 de Novembro de 2025 no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), tivo lugar a clausura e entrega de premios do 14º e derradeiro torneo pertencente ao XVIII Circuito Galego de Xadrez Promoción 2025: XVII Open Xadrez McDonalds Vilagarcía 2025, coa participación de 143 xogadores.
Enlaces Info64: categoría Sub-08, categoría Sub-10, categoría Sub-12 y categoría Sub-14
Clasificación Final XVIII Circuito Galego Xadrez Promoción 2025
Derradeiros Campionatos de España 2025
A Feda a través das seguintes circulares, convoca novos Campionatos de España 2025:
- Circular 30/2025- Convocatoria do Campionato de España de Xadrez Lóstrego por Parellas Mixtas. A data de inscrición é ata o 01/12/2025.
- Circular 31/2025 –Convocatoria do Campionato de España Individual Absoluto e Feminino 2025 . A data de inscrición é ata o 05/12/2025.
Campionatos de España Individual Absoluto FEDC e Xadrez Rápido FEDC
Dende o 17 ata o 24 de Novembro de 2025 celebrouse en La Roda (Albacete) o XXXIV Campionato de España Individual Absoluto FEDC, o xogador da Escola Xadrez Pontevedra, David Fernández Lago acadou o 3º posto con 5,5 puntos.
O mércores 19 de novembro celebrouse tamén en La Roda (Albacete) o I Campionato de España Individual Absoluto de Xadrez Rápido FEDC, no que o xogador da Escola Xadrez Pontevedra, David Fernández Lago acadou o 2º posto con 4 puntos.
Enlace Info64
¡Parabéns!
Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria
Según os estatutos da FEGAXA e de acordo cá Lei do Deporte de Galicia, convócase reunión da Asemblea Xeral Extraordinaria desta federación deportiva para o próximo día 13 de Decembro de 2025, ás 11:30 horas en primeira convocatoria e ás 12:00 en segunda convocatoria, no Salón de Actos da Casa do Deporte de Vigo (Pontevedra).
Máis información, neste enlace.
Campionato Mundial feminino por equipos FIDE 2025
Dende o 17 ao 24 de Novembro en Linares (Jaén) celébrase o Campionato Mundial por equipos feminino FIDE 2025. As 12 seleccións nacionais femininas máis fortes disputarán o prestixioso título mundial, entre as que atópase a Selección Española, coa participación da xogadora do Xadrez Benchoshey WFM Inés Prado Acebo.
Toda a información neste enlace














