Monthly Archives: Decembro 2025
Campionato de España Individual Absoluto e Feminino 2025
O pasado 19 de Decembro de 2025 no Hotel Alanda Marbella tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato de España Individual Absoluto e Feminino 2025. A WFM Inés Prado Acebo (Xadrez Benchoshey) foi a segunda clasificada feminina con 5, 5 puntos.
¡Parabéns!
Toda a informacion neste enlace.
Campionato de España de Xadrez Rápido por Parellas Mixtas 2025
O pasado 21 de Decembro de 2025 en Sitges (Cataluña) tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato de España de Xadrez Rápido por Parellas Mixtas 2025, o GM David Lariño Nieto e a WCM Alba De Lomas Busquets proclamaronse campións de España de Xadrez Rápido de parellas mixtas.
Toda la información en este enlace.
Enlace Info64
Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria
Lembramos que según os estatutos da FEGAXA e de acordo cá Lei do Deporte de Galicia, convócase reunión da Asemblea Xeral Extraordinaria desta federación deportiva para o próximo día 13 de Decembro de 2025, ás 11:30 horas en primeira convocatoria e ás 12:00 en segunda convocatoria, no Salón de Actos da Casa do Deporte de Vigo (Pontevedra).
Máis información, neste enlace.
Campionato de España de Xadrez Lóstrego por Parellas Mixtas 2025
O pasado 5 de Decembro de 2025 en Benidorm (Alicante) tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato de España de Xadrez Lóstrego por Parellas Mixtas 2025, a parella composta por Jaime Santos Latasa e Marta García Martín foron os campións de España de Xadrez Lóstrego por Parellas Mixtas 2025.
Dos xogadores galegos, a parella mellor clasificada foi a composta por Mihail Marín e Mariia Iugina, ambos do Círculo Chantadino, acadando o 11º posto.
Toda a información no seguinte enlace de Info64.
Afiliación Tempada 2026
Actualízase o listaxe de equipos inscritos na Liga “Xunta de Galicia” por equipos de Club 2026 debido a unha baixa na Segunda División. Toda a información neste enlace.
LEMBRAMOS que o 15 de Decembro de 2025 (incluido) remata o prazo de realización/modificación das ordes de forza dos equipos inscritos para a Tempada 2026:
| PRAZOS LÍMITES DE XESTIÓN POR INTERNET (XEFEGA) | |
| MODIFICACIÓN ORDES DE FORZA : | 15 – Decembro – 2025 (incluído) |
| INGRESOS DA LIQUIDACIÓN : | 01 ao 23 de Xaneiro de 2026 (a.i.) |
Toda a documentación para a afiliación para a Tempada 2026.
- Guía do Delegado sobre o manexo do programa Xefega.
- Circular FEGAXA 06/2025: Afiliación Tempada 2026.
- Circular FEGAXA 07/2025 – Rectificada: Instruccións cumprimentación documentación de afiliación.
- Boletín de afiliación 2026 – Rectificado (formato doc ou formato pdf).
- Licenzas en branco 2026 (formato xlsx ou formato pdf).
- Calendario Deportivo 2026 (aprobado pola AXO o 14/06/2025).















