Daily Archives: 11 de Marzo de 2026

Circuitos Galegos 2026

XIX Circuito Galego Promoción 2026

Dando continuidade ao circuito promoción celebrado no ano 2025, dende a Federación Galega de Xadrez estase a traballar na elaboración do XIX CIRCUITO GALEGO PROMOCIÓN 2026.

O prazo de inscrición pecharase o 29 de Marzo de 2026, non obstante, terán preferencia os torneos incluídos no calendario 2025 e o resto das solicitudes por ausencia de torneo na cidade ou orde de entrada no e-mail fegaxa@fegaxa.org.

Máis información, neste enlace.

XXXVII Circuito Galego de Xadrez 2026

Dando continuidade ao circuito internacional celebrado o ano pasado, desde a Federación Galega de Xadrez estase a traballar na elaboración do XXXVII CIRCUITO GALEGO DE XADREZ INTERNACIONAL 2026.

Ao igual que o ano pasado, o Circuito Internacional poderá estar formado por torneos standard e/ou torneos de rápidas celebrados entre Maio 2026 e Novembro 2026 (ambos meses incluídos) e, atendendo ás solicitudes recibidas dos organizadores da anterior edición e outros que o soliciten fehacentemente.

Establécense 3 tipos de torneos cun mínimo de premios en metálico (toda a información neste enlace).

O prazo de inscrición pecharase o 25 de Marzo de 2026 no e-mail fegaxa@fegaxa.org enviando o formulario de inscrición (formato doc, formato pdf ou formato Open Office).

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies