Monthly Archives: Febreiro 2026
Eleccións 2026
Para dar cumprimento á: Lei 3/2012 do Deporte de Galicia, Lei 3/2025 de modificación da Lei 3/2012; Decreto 16/2018; e ao Decreto 171/2021 polo que se modifica o Decreto 16/2018, pubícanse a día de hoxe (27/02/2026) os CENSOS INICIAIS da Federación Galega de Xadrez.
Toda a información, neste enlace.
Xornada Aprazada
Por acordo da Comisión Delegada da Federación Galega de Xadrez e, en base ao apartado 6.1 do artigo 62 do Regulamento Xeral de Competicións, determínase como data para celebrar a 1ª rolda aprazada polas condicións meteorolóxicas adversas; o Xoves, 19/03/2026 ás 17:00 horas.
No obstante, por acordo mutuo entre os clubs, poderán solicitar á FEGAXA por escrito mediante e-mail (fegaxa@fegaxa.org) a anticipación da disputa do encontro dos seus equipos con anterioridade á data establecida.
Consecuentemente, polo referido no apartado anteriormente citado, os grupos de 3ª División F e I terán que disputar a xornada aprazada antes do 07/03/2026 ás 17:00 horas.
Para as alienacións terase en conta o citado nos apartados 3.7, 3.9 e 6.3 do artigo 62 do Regulamento Xeral de Competicións.
Falece Ramón Antonio Pérez Poza
A Federación Galega de Xadrez e todo o xadrez galego damos o máis sentido pésame a familia, club e amigos de Ramón Antonio Pérez Poza polo seu falecemento.- DEP.
Campionatos “Xunta de Galicia” Entroido 2026
Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala (Padrón) dos Campionatos Galegos Entroido 2026 “Xunta de Galicia”, categorías Sub-14 Open e Sub-18 Open.
Na Categoría Sub-14, o xogador do Club Ajedrez Lucena, David Álvarez González proclamouse Campión, Nicolás Fernández Sabajanes (Escola Xadrez Compostela) foi o Subcampión e Mateo Rey Barciela (Club Ajedrez Lucena) o 3º clasificado. Zoe Rodriguez Collazo (TDFC) acadou o 9º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.
Na Categoría Sub-18, proclamouse Campión o xogador Diego Cacheiro Blanco (Sección Deportiva Usc), Alejandro Cereijo Suarez (Club Ajedrez Padrón) foi o Subcampión e Iago Fernández Ramos (Club Deportivo Marquiño) o 3º clasificado. Nerea Cereijo Suárez (Escola Xadrez Compostela) acadou o 14º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.
¡Parabéns a todos!
Enlaces Info64: categoría Sub-14 y categoría Sub-18.
Enlaces Retransmisión: categoría Sub-14 , categoría Sub-18.
Campionato Galego “Xunta de Galicia” Sub 08 2026
Onte tivo lugar no Hotel Scala de Padrón (A Coruña) a clausura e entrega de premios do Campionato Galego “Xunta de Galicia ” Sub-08 2026.
O xogador do Club Xadrez Fontecarmoa, Asier Cores Lopez proclamouse Campión, Danna Fernanda González Rivero (C.X. Mos) quedou en segundo lugar na Xeral e Primeira Clasificada Feminina e Roi Bello Nieto (C.X. O Toque Xiria Carballo) o 3º clasificado.
Toda a información, neste enlace.
Parabéns a todos!
PR945C – Subvencións entidades deportivas
O luns, 2 de febreiro de 2026 publicouse no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das subvencións a entidades deportivas do procedemento PR945C.
O prazo de solicitudes ábriuse o martes 3 de febreiro e remata o 2 de marzo
MOI IMPORTANTE: Comprobación de obrigas tributarias:
Recoméndase verificar antes ou inmediatamente á presentación da solicitude a situación fiscal do club no que respecta ao imposto de sociedades, e no seu caso, regularizar a súa situación.
Nesta ligazón está dispoñible o texto da convocatoria e a guía para as entidades solicitantes: https://deporte.xunta.gal/gl/convocatorias/pr945c-subvencions-clubs-para-actividade-deportiva-convocatoria-2026














