Monthly Archives: Marzo 2026
Campionato “Xunta de Galicia” Sub 10 e Sub12
Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala (Padrón) dos Campionatos Galegos de Semana Santa 2026 “Xunta de Galicia”, categorías Sub-10 Open e Sub-12 Open.
Na Categoría Sub-10, o xogador do Club Ajedrez Padrón, Fernando Carregal Toledo, proclamouse Campión, Manuel Rios Delgado (Club Ajedrez Lucena) foi o Subcampión e Pablo Lomba Castro (Club Xadrez Laroca) o 3º clasificado. Anna Soares Barreiro (xogadora independente) acadou o 6º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.
Na Categoría Sub-12, proclamouse Campión o xogador Javier Lema Fernández (Escola Xadrez Pontevedra), Martín González Rivero (Xadrez Mos) foi o Subcampión e Xoel Roo Perez (Club Deportivo Marquiño) o 3º clasificado. Emma Etterbeek Pombo (Xadrez Mirko) acadou o 9º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.
¡Parabéns a todos!
Enlaces Info64: categoría Sub-10 e categoría Sub-12.
Enlaces Retransmisión: categoría Sub-10, categoría Sub-12,
Xornada aprazada
Tal e como publicouse o pasado 23/02/2026, mañá 19/03/2026 terá lugar a rolda aprazada polas condicións meteorolóxicas adversas.
Para as alineacións da xornada de mañá, terase en conta as ordes de forza establecidas nas roldas xa xogadas xa que prima a data de celebración da mesma. E tamén terase que ter en conta o citado nos apartados 3.7, 3.9 e 6.3 do artigo 62 do Regulamento Xeral de Competicións.
Circuitos Galegos 2026
XIX Circuito Galego Promoción 2026
Dando continuidade ao circuito promoción celebrado no ano 2025, dende a Federación Galega de Xadrez estase a traballar na elaboración do XIX CIRCUITO GALEGO PROMOCIÓN 2026.
O prazo de inscrición pecharase o 29 de Marzo de 2026, non obstante, terán preferencia os torneos incluídos no calendario 2025 e o resto das solicitudes por ausencia de torneo na cidade ou orde de entrada no e-mail fegaxa@fegaxa.org.
Máis información, neste enlace.
XXXVII Circuito Galego de Xadrez 2026
Dando continuidade ao circuito internacional celebrado o ano pasado, desde a Federación Galega de Xadrez estase a traballar na elaboración do XXXVII CIRCUITO GALEGO DE XADREZ INTERNACIONAL 2026.
Ao igual que o ano pasado, o Circuito Internacional poderá estar formado por torneos standard e/ou torneos de rápidas celebrados entre Maio 2026 e Novembro 2026 (ambos meses incluídos) e, atendendo ás solicitudes recibidas dos organizadores da anterior edición e outros que o soliciten fehacentemente.
Establécense 3 tipos de torneos cun mínimo de premios en metálico (toda a información neste enlace).
O prazo de inscrición pecharase o 25 de Marzo de 2026 no e-mail fegaxa@fegaxa.org enviando o formulario de inscrición (formato doc, formato pdf ou formato Open Office).
Reunión co secretario xeral para o deporte
Liga Galega por equipos de Club 2026
Lémbrase a todos os equipos participantes da Liga Galega por equipos de Club 2026, que atendendo o apartado 3.7 do art. 62º do Reglamento Xeral de Competicións, o prazo límite para incluír xogadores nas ordes de forza será ata as 17 h. do xoves 5 de marzo.
Pasado ese prazo non se admitirán novas incorporacións.















