Monthly Archives: Abril 2026
Liga Galega por equipos de Club 2026
Rematada a Liga Galega por equipos de Club 2026 o pasado 25 de abril de 2026, o Club Deportivo Xadrez Ourense A proclamouse Campión Galego Absoluto por equipos da tempada 2026 con 48,5 puntos, seguido do Xadrez: Estratexia pola Paz con 42.5 puntos e o 3º clasificado foi o E.L.X. con 41 puntos.
CATEGORIA PREFERENTE:
Tras a xornada decisiva deste sábado 25 de Abril o Liceo Grupo A. Postal proclamouse Campión da Categoría Preferente 2026.
Ida: Bóveda-Mirko 1,5 vs Liceo Grupo A. Postal 4,5
Volta: Liceo Grupo A. Postal 4 vx Bóveda-Mirko 2
Na promoción de Ascenso a División de Honra será o equipo C. X. Rianxo quen participará na máxima categoría Galega 2027:
Ida: ClubEXA A 2 vs C.X. Rianxo 4
Volta: C.X. Rianxo 2,5 vs ClubEXA A 3,5
Concentracións FEGAXA 2026
A Federación Galega de Xadrez realizará no Hotel Scala de Padrón as concentracións de preparación aos Campionatos de España 2026.
Os días serán os domingos, 10 de Maio e o 14 de Xuño de 2026.
O prazo de confirmación de asistencia estará aberto ata o 05/05/2026 (incluído) e realizarase no e-mail fegaxa@fegaxa.org.
Toda a información neste enlace.
Concesión arbitraxes Campionatos “Xunta de Galicia” por equipos de Club 2026
Tras o remate do prazo para actuar como árbitro nos Campionatos Galegos por equipos de Club 2026 (Xadrez Lóstrego e Xadrez Rápido) que se celebrarán no Hotel Scala (Padrón – A Coruña) o 16 e 17 de Maio de 2026, publícase a concesión dos mesmos neste enlace.
Asembleas Ordinaria e Extraordinaria da FEGAXA
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
Data: Sábado, 02 de Maio de 2026.
Lugar: no Salón de Actos da Casa do Deporte de Vigo (Pontevedra)
Horario: ás 11:00 horas na primeira convocatoria e ás 11:30 horas na segunda convocatoria.
Máis información, neste enlace.
ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
Data: Sábado, 02 de Maio de 2026.
Lugar: no Salón de Actos da Casa do Deporte de Vigo (Pontevedra)
Horario: ás 12:00 horas na primeira convocatoria e ás 12:30 horas na segunda convocatoria.
Máis información, neste enlace.
Falece D. Ernesto Pérez Ramil
XIX Circuito Galego Xadrez Promoción 2026
A Federación Galega de Xadrez pubrica o calendario do XIX Circuito Galego Promoción 2026. Toda a información neste enlace.















