Monthly Archives: Abril 2026
Campionatos “Xunta de Galicia” Absolutos 2026
Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala (Padrón) dos Campionatos “Xunta de Galicia” Absoluto, Feminino e Veterán 2026.
O xogador da Sección Deportiva USC, Diego Cacheiro Blanco, proclamouse Campión con 7,5 puntos dos 8 posibles. Jose Antonio Sande Edreira (Escola Xadrez Mirko) foi o Subcampión con 6,5 puntos e Bernardo Rebollo Montes (Escola Xadrez Pontevedra) o 3º clasificado con 6,5 puntos. Lidia Karen Zapata Campos do Xadrez Benchoshey acadou o 17º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.
Nas categorías Veteráns, D. Jose Antonio Sande Edreira (Escola Xadrez Mirko) foi o 1º veterano +50 no 2º posto con 6,5 puntos e na categoría veterana + 65 o 1º foi D. Matias Xosé Gonzalez-Chas Pico (Escola Técnica da Coruña) no posto 65º con 4 puntos.
Toda a información neste enlace.
Enlace Info64: categoría Absoluta.
Enlaces Retransmisión: categoría Absoluta.
Campionato “Xunta de Galicia” Sub-16 2026
Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala (Padrón) do Campionato “Xunta de Galicia” Sub-16 2026.
O xogador do Club de Ajedrez Lucena, David Álvarez González, proclamouse Campión con 7 puntos dos 8 posibles. Uxío Vilariño Lorenzo (Escola Luguesa Xadrez) foi o Subcampión con 6,5 puntos e Nicolás Fernández Sabajanes (Escola Xadrez Compostela) o 3º clasificado con 6 puntos. Noa López Freiría do Club de Ajedrez Lucena acadou o 20º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.
¡Parabéns a todos!
Enlace Info64: categoría Sub-16
Enlace Retransmisión: categoría Sub-16














