Daily Archives: 12 de Marzo de 2026
Liga Galega por equipos de Club 2026
Este sábado, 14 de Marzo terá lugar a sétima rolda da Liga Galega por equipos de Club 2026, na División de Honra o equipo Xadrez Estratexia pola Paz sitúase provisionalmente no primeiro posto con 21,5 puntos. En Preferente grupo A, o equipo Bóveda-Mirko con 21,5 puntos sitúase provisionalmente na primeira posición e no grupo B, é o Liceo Grupo A. Postal con 21,5 puntos o que está no primeiro posto.
Lembramos que atendendo á circular 03/2026 todo xogador para competir na Liga Galega por equipos de club 2026 deberá estar federado e alineado a través do programa Xefega.
Regulamento do Título VIII – Liga Galega por equipos de Club.
Campionatos “Xunta de Galicia” Semana Santa 2026
A Federación Galega de Xadrez convoca os Campionatos “Xunta de Galicia” Semana Santa 2026, categorías Sub-10, Sub-12, Sub-16, Absoluta, Feminina e Veterán.
Prazos de inscrición:
Categorías Sub-10, Sub-12 e Sub-16 ata o 23/03/2026 (incluído).
Categorías Absoluta, Feminina e Veterán ata o 27/03/2026 (incluído).
Prazos reserva de aloxamento (directamente no Hotel Scala):
Categorías Sub-10, Sub-12 e Sub-16 ata o 18/03/2026 (incluído).
Categorías Absoluta, Feminina e Veterán ata o 23/03/2026 (incluído).
Toda a información neste enlace.
Enlaces Info64: categoría Sub-10, categoría Sub-12, categoría Sub-16 e categoría Absoluta.














