Campionatos “Xunta de Galicia” Individuais 2026
Este fin de semana tiveron lugar as clausuras e entrega de premios do XI Campionato Galego de xadrez Lóstrego 2026 e do XV Campionato Galego de Rápidas 2026 no Hotel Scala de Padrón (A Coruña).
Na modalidade Lóstrego: un triple empate a 8 puntos proclamou ao IM Julio Suárez Gómez do Club Xadrez Fontecarmoa Campión, ao FM Diego Cacheiro Blanco da Sección Deportiva USC Subcampión e ao FM Jose Antonio Sande Edreira da Escola Xadrez Mirko, 3º clasificado.
Na modalidade de Rápidas: o FM Diego Cacheiro Blanco da Sección Deportiva USC proclamouse Campión con 8,0 puntos, cá mesma puntuación o FM Xulio Del Prado Rodríguez do Club Deportivo Xadrez Ourense foi o Subcampión e o xogador da Escola Xadrez Compostela, Nicolás Fernández Sabajanes foi 3º clasificado con 7 puntos.
Enlace Info64 do XI Campionato Galego de xadrez Lóstrego 2026.














