Campionatos de España Individual Absoluto FEDC e Xadrez Rápido FEDC

Dende o 17 ata o 24 de Novembro de 2025 celebrouse en La Roda (Albacete) o XXXIV Campionato de España Individual Absoluto FEDC,  o xogador da Escola Xadrez Pontevedra, David Fernández Lago acadou o 3º posto con 5,5 puntos.

O mércores 19 de novembro celebrouse tamén en La Roda (Albacete) o I Campionato de España Individual Absoluto de Xadrez Rápido FEDC, no que o xogador da Escola Xadrez Pontevedra, David Fernández Lago acadou o 2º posto con 4 puntos.

Enlace Info64

Retransmisión en directo

¡Parabéns!

Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria

Según os estatutos da FEGAXA e de acordo cá Lei do Deporte de Galicia, convócase reunión da Asemblea Xeral Extraordinaria desta federación deportiva para o próximo día 13 de Decembro de 2025, ás 11:30 horas en primeira convocatoria e ás 12:00 en segunda convocatoria, no Salón de Actos da Casa do Deporte de Vigo (Pontevedra).

Orde do Día.

Máis información, neste enlace.

Campionato Mundial feminino por equipos FIDE 2025

Dende o 17 ao 24 de Novembro en Linares (Jaén) celébrase o Campionato Mundial por equipos feminino FIDE 2025. As 12 seleccións nacionais femininas máis fortes disputarán o prestixioso título mundial, entre as que atópase a Selección Española, coa participación da xogadora do Xadrez Benchoshey WFM Inés Prado Acebo.

Toda a información neste enlace

Enlace Info64

 

Torneos Novembro 2025

Publicanse as bases dos torneos organizados polas diferentes entidades que tenrán lugar en Novembro de 2025.

Enlace Otros Torneos.

XXII Campionato de España Individual de Veteranos 2025

O Domingo, 16 de Novembro  tivo lugar a clausura e entrega de premios en Cambrils (Tarragona) do Campionato de España Individual de Veteranos 2025 +50 anos e +65 anos.

Dos xogadores galegos, D. Diego Guerra Bastida (Círculo Ferrolano) obtivo o posto 13º con 5,5 puntos na categoría + 50 e na categoría de + 65  D. Matías González-Chas Pico (Escola Técnica de Xadrez da Coruña) o posto 57 con 3,5 puntos.

Enlace Veteranos + 50 anos Info64

Enlace Veteranos + 65 anos Info64

Retransmisión en directo

Toda a información, neste enlace.

Solicitude organización Campionatos Provinciais 2026

A Federación Galega de Xadrez abre o prazo de solicitude de colaboración na organización dos Campionatos Provinciais 2026.

Modelo de solicitude: formato excell ou formato Open Office

PRAZO DE SOLICITUDE REMATADO.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies