Campionatos “Xunta de Galicia” por equipos de Club 2026

CAMPIONATO “XUNTA DE GALICIA” POR EQUIPOS DE CLUB 2026. XADREZ LÓSTREGO

O Sábado, 16 de Maio de 2026 no Hotel Scala (Padrón) tivo lugar o Campionato ” Xunta de Galicia” por equipos de Club 2026 xadrez Lóstrego, onde o  equipo Escola Luguesa A proclamouse Campión 2026. O Subcampión foi o equipo Xadrez, Estratexia pola Paz e o  3º clasificado o  CXF Viaxes InterRias.

Enlace Info64.

CAMPIONATO “XUNTA DE GALICIA” POR EQUIPOS DE CLUB 2026. XADREZ RÁPIDO.

O Domingo, 17 de Maoo de 2026 no Hotel Scala (Padrón) tivo lugar o Campionato ” Xunta de Galicia” por equipos de Club 2026 Xadrez Rápido, onde o equipo Escola Luguesa A  proclamouse Campión 2026. O Subcampión foi o equipo CXF Viaxes InterRias e o 3º clasificado o C. Deportivo Marquino ERLAC.

Enlace Info64

Rectificación concesión arbitraxes Campionatos “Xunta de Galicia” Individuais Lóstrego e Rápidas 2026

Rematado o prazo de solicitudes o pasado luns (04/05/2026), publícase unha rectificación á concesión de arbitraxes para os Campionatos Galegos Individuais Xadrez Lóstrego e Xadrez Rápido que se celebrarán no Hotel Scala (Padrón – A Coruña) o 23 e 24 de Maio de 2026.

Toda a información, neste enlace.

Torneos Maio 2026

BASES DOS TORNEOS NO PERTENCENTES AOS CALENDARIOS OFICIAIS DA FEGAXA e FEDA.

Enlace Outros Torneos.

XXXVII Circuito Galego de Xadrez 2026

A Federación Galega de Xadrez publica a información do XXXVII Circuito Galego de Xadrez 2026.

Toda a información, neste enlace.

Campionatos de España Individuais Sub-08 a Sub-16 2026

A Federación Española de Ajedrez a través da súa circular 11/2026 convoca os Campionatos de España Individuais Sub-08 a Sub-16 2026.

Máis información: Circular da convocatoria

Liga Galega por equipos de Club 2026

Rematada a Liga Galega por equipos de Club 2026 o pasado 25 de abril de 2026, o Club Deportivo Xadrez Ourense A proclamouse Campión Galego Absoluto por equipos da tempada 2026 con 48,5  puntos, seguido do Xadrez: Estratexia pola Paz con 42.5 puntos e o 3º clasificado foi o E.L.X.  con 41 puntos.

CATEGORIA PREFERENTE:

Tras a xornada decisiva deste sábado 25 de Abril o Liceo Grupo A. Postal proclamouse Campión da Categoría Preferente 2026.

Ida: Bóveda-Mirko  1,5 vs Liceo Grupo A. Postal  4,5

Descargar acta.

Volta: Liceo Grupo A. Postal  4  vx Bóveda-Mirko  2

Descargar acta.

Na promoción de Ascenso a División de Honra será o equipo C. X.  Rianxo quen participará na máxima categoría Galega 2027:

Ida: ClubEXA A  2 vs C.X. Rianxo   4

Descargar acta.

Volta: C.X. Rianxo  2,5  vs  ClubEXA A  3,5

Descargar acta.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies