Torneo de Outono 2025

O Sábado 8 de Novembro tivo lugar a clausura e entrega de premios do 13º Torneo pertencente ao XVIII Circuito Galego de Xadrez Promoción 2025: Torneo de Outono 2025, coa participación de 46xogadores.

Enlaces Info64: categoría Sub-08categoría Sub-10categoría Sub-12 y categoría Sub-14.

Clasificación Provisional XVIII Circuito Galego Xadrez Promocion 2025.

Campionato de Europa Sub-08 a Sub-18 2025

O Campionato de Europa  Sub 08 a Sub 18 disputouse na cidade de Budva (Montenegro),  entre os días 29 de outubro e 8 de Novembro.

Dos xogadores galegos, Noe Diz Eitor (Club de Ajedrez Padrón) obtivo o posto 86 na categoría U10 e Paula Suárez Gómez (Club Xadrez Fontecarmoa) o posto 46 na categoría G18 .

Circular FEDA 17/2025.

Chess-results: Open & Woman

IV Torneo Escolar ERLAC

O Sábado 18 de Outubro tivo lugar a clausura e entrega de premios do 12º torneo pertencente ao XVIII Circuíto Galego Promoción 2025: IV Torneo Escolar ERLAC, coa participación de 57 xogadores.

Enlaces Info64: categoría Sub-08, categoría Sub-10, categoría Sub-12 y categoría Sub-14.

Clasificación Provisional XVIII Circuito Galego Xadrez Promocion 2025.

 

 

 

 

Campionato Mundial Xuvenil FIDE Sub-14 a Sub-18 2025

Do 03 ao 16 de Outubro en Durres (Albania) celebrouse o Campionato Mundial Xuvenil FIDE Sub 14, Sub 16 e Sub 18.

A xogadora do Club Xadrez Fontecarmoa e WFM Paula Suárez Gómez (actual Subcampioa de España Sub-18) obtivo o 48º posto con 5,5 puntosa na categoría Sub-18 feminina.

Poden seguir aos xogadores Españoles nos seguintes enlaces:  U-14U-16 U-18 e GIRLS 18

Clausura e entrega de premios do XXXVI Circuito Galego Xadrez 2025

O Domingo, 12 de Outubro de 2025 no Pavillón Municipal de Baio (Zas) tivo lugar a Clausura e entrega de Premios do XXXVI Circuito Galego de Xadrez 2025.

Os xogadores premiados no XXXVI Circuito Galego de Xadrez foron os seguintes:

Campión: Luis Marcos Medarde Santiago (Club Ajedrez Padrón)

Subcampión: Marcos Antonio Morales Marmol (Círculo Ferrolano Ajedrez)

3º clasificado: Iago Fernández Ramos (CD Marquiño)

4º clasificado: Diego Adrián Espiñeira González (Club Ajedrez Padrón)

5º clasificado: Mariano Ortega Amarelle (Círculo Ferrolano Ajedrez)

¡Parabéns a tod@s!

Clasificación Final XXXVI Circuito Galego de Xadrez  2025.

VIII Concello de Zas

O Domingo, 12 de Outubro de 2025 tivo lugar o 15º e último torneo pertencente ao calendario do  XXXVI CIRCUITO GALEGO XADREZ 2025:  VIII Concello de Zas, o IM Luis Marcos Medarde Santiago proclamouse Campión do torneo con 6,5 puntos, Iago Fernández Ramos e o GM Ibragim S. Khamrakulov obtiveron o 2º e 3º posto respectivamente con 6 puntos.

Enlace Info64.

Clasificación Final XXXVI Circuito Galego de Xadrez  2025.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies