Campionatos “Xunta de Galicia” Entroido 2026

A Federación Galega de Xadrez convoca os Campionatos “Xunta de Galicia” Sub-08, Sub-14 e Sub-18 2026 que terán lugar no Hotel Scala (Padrón – A Coruña):

Datas Sub-08: 14 e 15 de Febreiro de 2026.

Datas Sub-14 e Sub-18: do 14  ao 17 de Febreiro de 2026.

Bases e inscricións.

O prazo de inscrición estará aberto ata o Luns, 09 de Febreiro de 2026 (incluído) e realizarase a través do programa Xefega.

Liga Galega por equipos de Club 2026

Este sábado 31 de Xaneiro terá lugar a segunda rolda da Liga Galega por equipos de Club 2026, preto de 500 xogadores participarán nesta xornada.

Lembramos que atendendo á circular 03/2026 todo xogador para competir na Liga Galega por equipos de club 2026 deberá estar federado e alineado a través do programa Xefega. Solicitamos que se envíe notificación por e-mail das novas incorporacións antes das 12:00 horas do venres anterior a cada rolda. Toda solicitude recibida fóra de este prazo non se terá en conta para esa rolda.

Regulamento do Título VIII – Liga Galega por equipos de Club.

Convocatoria Arbitraxes Campionatos Galegos 2026

A Federación Galega de Xadrez convoca os arbitraxes para os Campionatos Galegos do Entroido e Semana Santa 2026.

Prazo de solicitudes REMATADO.

Toda a información, neste enlace.

Campionatos Provinciais “Xunta de Galicia” 2026

Celebrados todos os Campionatos Provinciais 2026, as clasificacións finais atoparanse neste enlace.

Campionato Europeo Feminino de Xadrez Rápido e Lóstrego 2025

Do  8 ao 12 de Xaneiro do 2026,  celebrouse o Campionato de Europa Individual Feminino de Xadrez Rápido e Lóstrego 2025 en Mónaco. O Campionato realizouse nas instalacións do Hotel Novotel, 16 BD Princesse Charlotte, 98000 Mónaco.

A xogadora galega WIM Karen Zapata Campos (Xadrez Benchoshey)  acadou un premio especial na categoría Lóstrego.

Web Oficial: European Chess Union

Chess-results: ESPAÑA BLITZ

Chess-results: ESPAÑA RAPID

Circulares Fegaxa 2026

A Federación Galega de Xadrez publica as seguintes circulares:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies