Monthly Archives: Maio 2021

Campionatos Galegos Sub-10 e Sub-12 2021

O domingo tivo lugar a clausura e entrega de premios  no Hotel Scala ( Padrón) dos Campionatos Galegos Sub-10 e Sub-12 2021.

Diego Ibañez (Lucena)  proclamouse Campión Galego Sub-10 con 7 puntos dos 8 posibles, Begoña Lage  (Xadrez Mos ) foi subcampioa Galega e 1ª clasificada feminina e Mateo Martínez (Xadrez Benchoshey) 3º clasificado.

Na categoría Sub-12, Nicolas Amado ( Xadrez Val do Dubra)  proclamouse Campión Galego  con  6,5 puntos dos 8 posibles, Iago Fernandez (Ajedrez Marquiño) foi subcampión Galego e  Mateo Dibuja (Liceo Ourense) 3º clasificado. Angela Castiñeira ( Regatas Perillo ) acadou o 5º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.

Enlaces a info64:

Campionato Galego Sub-10 2021.

Campionato Galego Sub-12 2021.

Retransmisión en directo:

Campionato Galego Sub-10 2021.

Campionato Galego Sub-12 2021.

 

VI Campionato Galego de Xadrez Lóstrego 2021

O sábado tivo lugar a clausura e entrega de premios  no Hotel Scala ( Padrón) dos Campionatos Galegos de Xadrez Lóstrego 2021.

Antonio Pazos Porta (Círculo Ferrolano)  proclamouse Campión Galego de Xadrez Lóstrego con  8 puntos dos 8 posibles, David Gómez Dieguez (CDX Ourense) foi  subcampión galego e Rubén Fernández López  (EX Pontevedra) 3º clasificado. Nerea Cereijo Suarez ( EX Compostela ) acadou o 27º posto da xeral e  foi  a 1ª clasificada femenina.

Enlace a Info64.

 

X Campionato Galego de Rápidas 2021

O domingo tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala ( Padrón) dos Campionatos Galegos de Rápidas 2021.

Xulio Del Prado Rodiguez(Círculo Chantadino) proclamouse Campión Galego de Rápidas con  8 puntos dos 8 posibles, Pablo  Fernández Borrego (Círculo Ferrolano) foi subcampión galego e  Pablo López Varela  (Escola Luguesa) 3º clasificado. Paula Suarez Gomez ( CX Fontecarmoa ) acadou o 25º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.

Enlace a Info64.

 

Circular 15-2021: Campionatos de España Sub8 a Sub 18 2021

A Federación Española de Xadrez publicou a circular 15-2021 cá convocatoria dos Campionatos de España Sub8 a Sub18 2021.
Toda a información neste enlace.
Formulario de reserva e aloxamento ( Formato Pdf ou Formato word)

Circular 16-2021: Campionatos de España de Xadrez Rápido 2021

A Federación Española de Xadrez publicou  a circular 16-2021 convocatoria ds Campionatos de España de Xadrez Rápido categoría Sub 10 a Sub 18 2021.
Toda a información  neste enlace.
Formulario de reserva e aloxamento ( Formato Pdf ou Formato word)

Comunicado 04/2021 Comité Técnico de Árbitros: Oferta de Arbitraxe Campionatos de España e Internacionais 2021

A Federación Española de Xadrez na súa circular 04/2021 Convoca  as ofertas de arbitraxes para os campionatos  de España e Internacionais do 2021.

Podese consultar no  seguiente enlace.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies