Daily Archives: 02 de Agosto de 2021

XVIII Campionato de España Individual de Veteranos 2021

A Federación Española de Ajedrez a través da súa circular 25/2021 convoca o XVIII Campionato de España Individual de Veteranos 2021.

Toda a información, neste  enlace.

Campionato de España Sub-18 e Sub-18 rápidas 2021

A aragonesa María Eizaguerri Floris proclamouse Campioa do Campionato de España Sub-18 con 7,5 puntos en 9 roldas. María convertiuse na primeira muller en proclamarse campioa de España en categoría absoluta a ritmo tradicional. Empatados a 7,5 puntos, o catalán Guerau Masagué Artero conseguiu o subcampionato, mentras que o xogador navarro Juan Labiano Hernández ocupou a terceira posición.

Na clasificación feminina, Lulu Zhou de Madrid como subcampioa e Adhara Rodríguez Redondo de Canarias como terceira clasificada, ambas empatadas a 6 puntos, acompañaron no podio á campioa María Eizaguerri Floris.

O xogador galego mellor clasificado foi Andrés Rodríguez Ferreirós (Xadrez Fontecarmoa) con 6,5 puntos e o  15º posto.

Enlace a Info64

Retransmisión en directo

O madrileño Gabriel Quispe Arteaga proclamouse campión do Campionato de España Sub-18 Rápido con 7,5 puntos de 9 posibles. Cós mesmos puntos, o catalán Pedro Antonio Ginés Esteo conseguiu o subcampionato, mentras que o xogador de Murcia Aaron Alonso García ocupou a terceira posición.

Na clasificación feminina, a catalana Joana Ros Alonso alzouse cá victoria con 6,5 puntos. Viviana Galván Cipriani de Valencia (6 puntos) e María Eizaguerri Floris de Aragón (6 puntos) finalizaron na segunda e terceira posición respectivamente.

O xogador galego mellor clasificado foi Artai Bringas Gómez (Xadrez Laroca) con 7 puntos e o 5º posto.

Enlace a Info64.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies