Daily Archives: 17 de Agosto de 2021

Campionato de España Individual de Xadrez Rápido 2021

O Campionato de España de Xadrez Rápido celebrouse durante o día 14 de agosto no Complexo Polideportivo “la Salobreja” de Jaén e contou cá participación de 205 xogadores.

O valenciano Eduardo Iturrizaga Bonelli proclamouse campión absoluto con 7,5 puntos. Íñigo López Mulet de Extremadura e Ángel Espinosa Aranda de Madrid completaron o podio, cós mesmos puntos que o gañador do torneo, como segundo e tercer clasificado respectivamente.

O xogador galego mellor clasificao foi o GM Iván Salgado López (Club Deportivo Xadrez Ourense) con 7 puntos e o 7º posto.

Enlace a Info64.

Campionato de España Individual de Xadrez Lóstrego 2021

O Campionato de España de Xadrez Lóstrego, cá participación de 242 xogadores, disputoise durante a tarde do día 13 de agosto no Balneario de Marmolejo, Jaén.

O xogador da Federación Valenciana, Francisco Vallejo Pons, proclamouse campión absoluto con 8 puntos. O xogador galego e GM Iván Salgado López do Club Xadrez Ourense obtivo o tercer posto con 7,5 puntos.

Enlace a Info64.

Campionato de España por Equipos de Club de Segunda División 2021

O Campionato de España por Equipos de Club de Segunda División celebrouse do 09 ao 13 de agosto nos salóns do hotel “RL Aníbal” de Linares, Jaén. O campionato disputouse por sistema suizo a 7 roldas e 5 taboleiros cunha participación de 48 equipos.

O equipo aragonés “Myinvestor Casablanca” proclamouse campión con 12 puntos, mentras que o equipo andaluz “Oromana CEN Solutions” ocupou a segunda praza con 11 puntos.

O equipo galego Circulo Ferrolán de Xadrez obtivo 8 puntos e o 23º posto.

Enlace a Info64.

Enlace a Chess24.

Galería de fotos.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies