Monthly Archives: Maio 2022

Solicitudes e Concesión arbitraxe Copa Galicia de Clubs 2022

Rematado o prazo de solicitud de arbitraxe para a Copa “Xunta de Galicia” de Clubs 2022, pubrícanse as solicitudes recibidas e concesión do mesmo.

Toda a información, neste enlace.

Campionato de España por Seleccións Autonómicas, categoría Infantil e Cadete

A Federación Española de Ajedrez convoca o Campionato de España por Seleccións Autonómicas, categoría Infantil e  Cadete 2022.

Circular Feda06-2022: Convocatoria do Campionato de España por Seleccións Autonómicas, categorías Infantil y Cadete.

Campionatos Galegos Lóstrego e Rápidas 2022

VII CAMPIONATO GALEGO DE XADREZ LÓSTREGO 2022.

O sábado tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala ( Padrón) dos Campionatos Galegos de Xadrez Lóstrego 2022.

Artai Bringas Gomez (E. Xadrez Compostela) proclamouse Campión Galego de Xadrez Lóstrego con  8 puntos, Julio Suarez Gomez (CX Fontecarmoa) foi  subcampión Galego e Alejandro Fernandez Lopez  (Circulo Chantadino) 3º clasificado.

Enlace Info64

XI CAMPIONATO GALEGO DE RÁPIDAS 2022.

O domingo tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala ( Padrón) dos Campionatos Galegos de Rápidas 2022.

Ines Prado Acebo (C. Xadrez Rianxo)  proclamouse Campiona Galega de Rápidas con  8,5  puntos , Antonio Pazos Porta (Círculo Ferrolano) foi subcampión Galego e Luis Marco Medarde Santiago  (CDRPA Xadrez Verín) 3º clasificado.

Enlace Info64

Liga Galega por equipos de Club 2022-4ª División Pontevedra Sur

O pasado sábado 30 de abril do 2022  a Escola Municipal de Ponteareas organizou no Hotel Cemar ( Mondariz Balneario) a 4ª División  Pontevedra Sur 2022 cun total de 23 equipos participantes, o equipo C.A. Lucena Infantil  proclamouse Campión  con 18 puntos,  C.A. Lucena Promesas  con 15 puntos foi o  Subcampion e o  terceiro clasificado o  C.A. Lucena Talentos con 13 puntos.

Clasificación Liga Galega 4ª División

Boletín Liga Galega 4ª División

Reportaxe Fotografica Cuarta División Pontevedra Sur 2022.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies