Daily Archives: 01 de Agosto de 2022

XXXIV Torneo Infantil de Xadrez Albariño

Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios do 6º Torneo pertencente ao calendario do  XV Circuito Galego de Xadrez Promoción  2022: XXXIV Torneo Infantil de Xadrez Albariño.

Enlaces Info64: Sub08Sub10, Sub12, Sub14.

Clasificación Provisional do XV Circuito Galego Xadrez Promoción 2022. (Actualizado o 01/08/2022)

Campionato de España Sub 16 e Sub 16 de Xadrez Rápido 2022

O Sábado 30 de Xullo tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato de España Sub-16 onde o Mestre Fide Diego Macias Pino (8 de 9 puntos) da Comunidad Valenciana proclamouse Campión de España e a xogadora Cristina Sureda González proclamouse Campioa de España Feminina.

O xogador galego mellor clasificado nesta categoría foi Alejandro Cereijo Suárez (E.X. Compostela) no 14º posto con 6.5 puntos dos 9 posibles.

Toda a información do Campionato, neste enlace.

E onte tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato de España Sub-16 xadrez rápido onde o Mestre Fide Diego Macías Pino da Comunidad Valenciana volveu a proclamarse Campión con 8 de 9 puntos. Na clasificación feminina, a xogadora de Castilla y León, Carmen Menéndez Osorio alzouse cá victoria con 6 puntos.

O mellor xogador galego nesta modalidade foi Xabier Pérez Sousa (Xadrez Mos) no 18º posto con 6 puntos dos 9 posibles.

Enlace Info64.

 

X Torneo Internacional Cidade de Pontevedra

O Sábado, 30 de Xullo de 2022, tivo lugar a clausura e entrega de premios do 2º Torneo pertencente ao calendario do  XXXIII Circuito Galego de Xadrez 2022: X Torneo Internacional Cidade de Pontevedra; onde proclamouse campión con 7.5 puntos dos 9 posibles, o MI Platon Galperin.

Enlaces Info64: Masters Amateur

Clasificación Provisional do XXXIII Circuito Galego de Xadrez 2022 (actualizada o 01/08/2022)

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies