Daily Archives: 23 de Agosto de 2022

VIII Aberto Internacional de Xadrez Hotel CEMAR

O Domingo, 21 de Agosto de 2022 tivo lugar o 4º Torneo pertencente ao calendario do XXXIII Circuito Galego de Xadrez 2022: VIII Aberto Internacional de Xadrez Hotel CEMAR onde o xogador do Club USC Diego Cacheiro Blanco proclamouse Campión do torneo con 7,5 puntos dos 9 posibles.

Enlace Info64.

Clasificación Provisional do XXXIII Circuito Galego de Xadrez 2022 (actualizada o 22/08/2022)

 

V Torneo de Xadrez Vila de Noia

O Sábado, 20 de Agosto de 2022, tivo lugar o 7º Torneo pertencente ao calendario do  XV Circuito Galego de Xadrez Promoción  2022: V Torneo de Xadrez Vila de Noia.

Enlaces Info64: categoría Sub-08, categoría Sub-10, categoría Sub-12, categoría Sub-14 e categoría Absoluta.

Clasificación Provisional do XV Circuito Galego Xadrez Promoción 2022. (Actualizado o 22/08/2022)

Campionato de España Individual de xadrez Lóstrego e Rápidas 2022

O venres, 19 de Agosto de 2022 tivo lugar nos salóns do Hotel Palacio de Mengíbar (Jaén) o Campionato de España Individual de xadrez Lóstrego.

O mellor xogador galego clasificado foi o GM Iván Salgado (Xadrez Ourense) con 6,5 puntos e o 10º posto.

Máis información do Campionato de xadrez Lóstrego en Info64.

O Sábado 20 de Agosto de 2022 tivo lugar nos salóns do Hotel Aníbal o Campionato de España Individual de xadrez Rápido onde o GM Iván Salgado (Xadrez Ourense) foi o 3ºclasificado e a xogadora WIM Yudania Hernández (Xadrez Ourense) foi a 3ª clasificada feminina.

Toda a información do Campionato de xadrez räpido, neste enlace.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies