Monthly Archives: Outubro 2022

XIX Campionato de España Individual de Veteranos 2022

Onte rematou  o XIX Campionato de España Individual de Veteráns nos salóns do Hotel CAP Negret en Altea (Alicante) coa participación de 204 xogadores.

Na categoría maiores de 50 (Grupo A) o  Mestre Internacional Luis Maria Campos Gambuti proclamouse campión sumando un total de 7,5 ,  cos mesmos puntos, finalizou o IM José Candela Pérez como segundo clasificado, e o Galego Francisco Carrera Pérez finalizou na terceira posición  con 7 puntos.

Na categoría maiores de 65 (Grupo B), o Gran Mestre José Luis Fernández García, con 7,5 puntos, alzouse co campionato, o Galego Marcos Lorenzo Duran ocupou a segunda plaza  e o  IM Juan Pomes Marcet foi o terceiro clasificado, ambos con 7 puntos.

Enlace Info64 + 50

Enlace Info64+65

Retransmisión en directo +50

Retransmisión en directo +65

Subvencións a equipamento deportivo ano 2022 – 2ª convocatoria

Hoy a Secretaría Xeral para o Deporte pubricou no DOG a 2ª convocatoria de subvencións para a adquisición de equipamento deportivo.

As solicitudes das entidades desestimadas por falta de crédito na 1ª convocatoria de 2022 (Resolución do 01.08.2022 -DOG do 17.08.2022), TRAMITARÁNSE DE OFICIO, POLO QUE NON É NECESARIO QUE SE PRESENTE UNHA NOVA SOLICITUDE.

XIV Open McDonalds

O sabado 05 de Novembro  de 2022 tivo lugar a clausura e entrega de premios do 13º Torneo pertencente ao calendario do  XV Circuito Galego de Xadrez Promoción 2022: XIV Open McDonalds.

Enlaces a Info64: categoría Sub-08categoría Sub-10categoría Sub-12categoría Sub-14  e categoría Absoluta.

Clasificación Final do XV Circuito Galego Xadrez Promoción 2022. (Actualizado o 07/11/2022)

I Torneo Escolar ERLAC

O sabado 15 de Outubro de 2022 tivo lugar a clausura e entrega de premios do 12º Torneo pertencente ao calendario do  XV Circuito Galego de Xadrez Promoción 2022: I Torneo Escolar Erlac.

Enlaces a Info64: categoría Sub-08categoría Sub-10categoría Sub-12categoría Sub-14  e categoría Absoluta.

Clasificación Provisional do XV Circuito Galego Xadrez Promoción 2022. (Actualizado o 02/11/2022)

Modificación Calendario XV Circuito Galego Xadrez Promoción 2022

Infórmase da suspensión do I Torneo Escolar Cidade de Lugo pertencente ao XV Circuito Galego de Xadrez Promoción 2022.

IMPORTANTE: Para optar a clasificación final será necesario participar e finalizar 7 torneos.

Calendario do XV Circuito Galego Xadrez Promoción 2022.

Convocatoria axudas DGAN 2022

A Fundación Deporte Galego pubricou o venres, 07 de outubro de 2022, no Diario Oficial de Galicia o anuncio da Convocatoria de Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel 2022, baixo a denominación Convocatoria de AXUDAS DGAN 2022”, e que se enmarca no plan de axudas á preparación dos/as deportistas galegos/as de alto nivel.

Esta convocatoria conta, nesta ocasión, con nove tipos de axudas, segundo os resultados deportivos que tiveran acadado durante o ano 2021. 

O prazo de presentación de solicitudes rematará o luns 24 de outubro de 2022.

Bases da convocatoria de Axudas DGAN 2022.

Máis información, neste enlace.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies