XIX Campionato de España Individual de Veteranos 2022

Onte rematou  o XIX Campionato de España Individual de Veteráns nos salóns do Hotel CAP Negret en Altea (Alicante) coa participación de 204 xogadores.

Na categoría maiores de 50 (Grupo A) o  Mestre Internacional Luis Maria Campos Gambuti proclamouse campión sumando un total de 7,5 ,  cos mesmos puntos, finalizou o IM José Candela Pérez como segundo clasificado, e o Galego Francisco Carrera Pérez finalizou na terceira posición  con 7 puntos.

Na categoría maiores de 65 (Grupo B), o Gran Mestre José Luis Fernández García, con 7,5 puntos, alzouse co campionato, o Galego Marcos Lorenzo Duran ocupou a segunda plaza  e o  IM Juan Pomes Marcet foi o terceiro clasificado, ambos con 7 puntos.

Enlace Info64 + 50

Enlace Info64+65

Retransmisión en directo +50

Retransmisión en directo +65