Monthly Archives: Febreiro 2023

Campionatos Provinciais 2023 “Xunta de Galicia” – Ourense

Toda a información dos Campionatos Provinciais 2023 celebrados no seguinte enlace.

Pubrícanse as bases do Campionato provincial Absoluto Ourense 2023, así coma o enlace a Info64. Terá lugar o 05 e 12 de Marzo de 2023 no Edificio de Humanidades do Campus Universitario de Ourense.

Tamén publícanse as bases dos Campionatos Provinciais Sub-10, Sub-12 e Sub-16 no seguinte enlace. Terán lugar o 25 e 26 de Febreiro de 2023 no Salón de Actos do Hospital Veterinario ABROS. Enlaces Info64: categoría Sub-10, categoría Sub-12 e categoría Sub-16.

Torneos día internacional da Muller

Dende a Federación Internacional de Xadrez organizouse unha Batalla de Xadrez Feminina por Paises.

Data: sábado 25 de Febreiro de 2023 as 19:00 h.

Inscricións:

  1. Pertencer o equipo de Lichess “Women Spain Team, no seguinte enlace:https://lichess.org/team/women-spain-tea
  2. Inscribirse  no torneo  no seguinte enlace: https://lichess.org/tournament/nJrBFCnb/teams
  3. unha vez aquí  apuntarse  o equipo: Women Spain Team!

Dende a Comisión  da Muller e  Xadrez da FEDA  organizouse a  III Batalla feminina por Comunidades na Semana da Muller!

Data: domingo 5 de Marzo de 19-20 horas.

Inscricións

Campionatos Galegos Entroido 2023 “Xunta de Galicia”

Onte tivo lugar  a clausura e entrega de premios no Hotel Scala (Padrón) dos Campionatos Galegos Entroido 2023 “Xunta de Galicia”, categorías Sub-14 Open e Sub-18 Open.

Na Categoría Sub-14, o xogador do Club Xadrez Mos,  Javier Del  Valle Crespo  proclamouse Campión, Sergio Diniz Lopez  (Círculo Xadrez Narón) foi o  Subcampión  e  Uxio Vilariño Lorenzo (Escola Luguesa  de Xadrez) o 3º clasificado.

Na Categoría Sub-18,  proclamouse Campión o xogador Pablo Lopez Varela da Escola Luguesa de Xadrez, Xulio Del Prado Rodriguez (Club Deportivo Xadrez Ourense) foi o Subcampión e David Cernadas Camean (Club Deportivo Marquiño) o 3º clasificado.

¡Parabéns a todos!

Toda a información, neste enlace.

Enlaces Info64:

Campionato Galego Sub-14 Open 2023

Campionato Galego Sub-18 Open 2023

Campionato Galego Sub-08 2023 “Xunta de Galicia”

Onte tivo lugar no Hotel Scala de Padrón (A Coruña) a clausura e entrega de premios do Campionato Galego Sub-08 2023 “Xunta de Galicia”.

O xogador do Ajedrez Lucena,  Mateo Rey Barciela proclamouse Campión, Noe Diz Eitor (Ajedrez Padrón) foi o Subcampión e Yago Brea Patiño (Ajedrez Lucena) o 3º clasificado.

Toda a información, neste enlace.

Rectificación concesión arbitraxe Campionatos Galegos 2023

Rectifícase a concesión pubricada no día de onte cá concesión do arbitraxe adxunto para o Campionato Galego Sub-10. Toda a información, neste enlace.

Afiliación Tempada 2023

Lembramos que este Domingo, 05/02/2023 (incluído) e a data máxima para dar de baixa/alta aos equipos participantes para na Liga Galega por equipos de club 2023.

Toda a documentación necesaria, neste enlace.

PRAZOS LÍMITES DE XESTIÓN POR INTERNET (XEFEGA)
 NOTIFICACIÓN ALTA/BAIXA EQUIPOS : 05 – FEBREIRO – 2023 (incluído)
 MODIFICACIÓN ORDES DE FORZA : 12 – FEBREIRO – 2023 (incluído)
 INGRESOS DA LIQUIDACIÓN : 01  ao  24 de FEBREIRO de 2023 (a.i.)