Monthly Archives: Maio 2023

Copa “Xunta de Galicia” de Clubs 2023

COPA GALICIA DE CLUBS, CATEGORÍA CADETE 2023

O Sabado, 27 de Maio de 2023 no Hotel Scala de Padrón tivo lugar a Copa “Xunta de Galicia” de Clubs, categoría Cadete donde o equipo Xadrez Mos A  proclamouse campión 2023. O subcampión foi o equipo CXF McDonalds e o  3ª clasificado o  ELX Cadete.

Enlace Info64

COPA GALICIA DE CLUBS, CATEGORÍA ABSOLUTA 2023

O Domingo, 28 de Maio de 2023 no Hotel Scala de Padrón tivo lugar a Copa “Xunta de Galicia”, categoría Absoluta donde o equipo Xadrez: Estratexia pola Paz  proclamouse campión 2023. O subcampión foi o Club Deportivo Xadrez Ourense A e o  3º clasificado a Escola Luguesa de Xadrez.

Enlace Info64

Liga Galega por equipos de Club 2023

O  sábado 20 de Maio de 2023  tivo lugar a derradeira rolda da  Liga Galega por equipos de Club 2023, «Campionato Xunta de Galicia».

O equipo CXF- Viajes Interrias Sanxenxo proclamouse Campión da máxima categoría galega: División de Honra, tras empatar  con 46 puntos có  Benchoshey Pereiro de Aguiar e só 21,75 puntos de sonen de diferencia.

Na Primeira División o Clubexa A, USC, Xadrez Bueu A e  Club Xadrez Mos A ascenden a División de Honra para a tempada 2024.

¡¡Dar a  noraboa os equipos que conseguiron o ascenso de categoría para a tempada 2024!!

 

Concesión arbitraxes Campionatos Galegos Lóstrego e Rápidas 2023

Rematado o prazo de solicitudes para actuar como árbitro no VIII Campionato Galego de xadrez Lóstrego e no XII Campionato Galego xadrez Rápido 2023, pubrícase a concesión correspondente neste enlace.

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria

Según os estatutos da FEGAXA e de acordo cá Lei do Deporte de Galicia, convócase reunión da Asemblea Xeral Ordinaria desta federación deportiva para o próximo día 03 de Xuño de 2023, ás 11:00 horas en primeira convocatoria e ás 11:30 en segunda convocatoria, no Hotel Scala de Padrón (A Coruña).

Orden do día da Asemblea Xeral Ordinaria.

Máis información, neste enlace.

XXXIV Circuito Galego de Xadrez 2023

Finalmente o XXXIV Circuito Galego de Xadrez 2023 estará formado por 6 torneos:

  • IX Campus de Ourense que terá lugar do 26 de Xuño ao 02 de Xullo de 2023.
  • XXXVIII Festival Internacional de Xadrez “Cidade de Ferrol” que terá lugar do 13 ao 21 de Xullo de 2023.
  • XI Torneo Internacional Cidade de Pontevedra que terá lugar do 24 ao 30 de Xullo de 2023.
  • XXXVIII Open Internacional de Xadrez Albariño que terá lugar do 01 ao 09 de Agosto de 2023.
  • IX Aberto Internacional de Xadrez “Hotel CEMAR” “Fernando Marcote in Memoriam” que terá lugar do 13 ao 20 de Agosto de 2023.
  • VI Aberto Carballo Clásico que terá lugar do 25 de Agosto ao 01 de Setembro de 2023.

Toda a información, neste enlace.

Solicitudes e concesión do arbitraxe Copa “Xunta de Galicia” de clubs 2023.

Rematado o prazo para solicitar a participación como árbitro principal ou adxunto na Copa “Xunta de Galicia” de clubs 2023 que terá lugar o 27 e 28 de Maio de 2023 no Hotel Scala (Padrón – A Coruña), pubrícase as solicitudes e concesión neste enlace.