Daily Archives: 29 de Agosto de 2025
VIII Aberto Concello de Carballo Clásico
Do 31 de Agosto ao 5 de Setembro de 2025 no Mercado Municipal de Abastos de Carballo, tivo lugar o 9º torneo pertencente ao XXXVI Circuito Galego de Xadrez Internacional 2025: VII Aberto Concello de Carballo Clásico
O xogador IM Luis Marcos Medarde Santiago (Club Ajedrez Padrón) proclamouse campión con 6 puntos, o FM Ezra Paul Chambers (Burundi) e Noel Casares Pedride (Millarengo) obtiveron o 2º e 3º posto respectivamente con 5,5 puntos.
Clasificación Provisional XXXVI Circuito Galego de Xadrez 2025
I Torneo Internacional Concello de Oroso
O Sábado, 6 de Setembro de 2025 no Pavillón Juanito Amigo Ferreiro (Sigüeiro) tivo lugar o 10º torneo pertencente ao XXXVI Circuito Galego de Xadrez Internacional 2025: I Internacional Concello de Oroso.
Doble empate a 7,0 puntos onde o IM Sion Radamantys Galaviz Medina proclamouse campión o IM Luis Marcos Medarde Santiago foi subcampión e o xogador FM Banele Mhango foi o 3º clasificado con 6,5 puntos.
Clasificación Provisional XXXVI Circuito Galego de Xadrez 2025.
XVI Torneo Internacional Concello de Rianxo
O Domingo, 7 de Setembro tivo lugar a clausura e entrega de premios do 7º torneo pertencente ao XVIII Circuíto Galego Promoción 2025: XVI Torneo Internacional Concello de Rianxo, coa participación de 59 xogadores.
Enlaces Info64: categoría Sub-08, categoría Sub-10, categoría Sub-12 y categoría Sub-14.
Clasificación Provisional XVIII Circuíto Galego Promoción 2025.
O Domingo, 7 de Setembro de 2025 no Pavillón de Deportes de Rianxo tivo lugar o 11º torneo pertencente ao XXXVI Circuito Galego de Xadrez Internacional 2025: XVI Torneo Internacional Concello de Rianxo.
Triple empate a 7,0 puntos onde o FM Rubén Fernández López proclamouse campión, o IM Sion Radamantys Galaviz Medina foi subcampión e o xogador FM Alexander Zambrano Rodriguez foi o 3º clasificado.
Clasificación Provisional XXXVI Circuito Gallego de Ajedrez 2025.
Campionato de España Individual Xuvenil Sub-18 2025
Onte (28/08/2025) tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato de España Individual Xuvenil Sub-18 2025 que tivo lugar nos salóns do Hotel RL Ciudad de Úbeda (Jaén).
A xogadora WFM do Club Xadrez Fontecarmoa, Paula Suárez Gómez, proclamouse Subcampioa de España Xuvenil Sub-18 2025 con 5,0 puntos e posto 56º da xeral.
O FM da Sección Deportiva USC, Diego Cacheiro, acadou o 6º posto con 6,5 puntos. A mesma puntuación que o xogador do CD Xadrez Ourense, FM Xulio Del Prado Rodríguez que conseguiu o 7º posto.














