Daily Archives: 14 de Abril de 2026

Liga Galega por equipos de Club 2026

O próximo sábado 18 de abril terá lugar a 10ª rolda da Liga Galega por equipos de Club 2026, na División de Honra o equipo Club Deportivo Xadrez Ourense A sitúase provisionalmente no primeiro posto con 40 puntos, seguido do E.L.X. con 36, 5 puntos e o Xadrez: Estratexia pola Paz con 36 puntos.

Rematada a categoría Preferente, terá lugar o encontro entre os campións de cada grupo (Bóveda-Mirko vs Liceo Grupo A. Postal) para determinar quen será o Campión da categoría Preferente 2026. Tamén terá  lugar a promoción de ascenso a División de Honra 2027 entre os 2º clasificados (ClubEXA A vs C.R. Rianxo). Toda a información neste enlace. Toda a información do desempate, neste enlace.

Lembramos que atendendo á circular 03/2026 todo xogador para competir na Liga Galega por equipos de club 2026 deberá estar federado e alineado a través do programa Xefega.

Regulamento do Título VIII – Liga Galega por equipos de Club.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies