Monthly Archives: Xuño 2026
Convocatoria de Eleccións á Asemblea Xeral, Comisión Delegada e Presidencia da FEGAXA
Don Gaspar Pérez Carnero, Presidente da Federación Galega de Xadrez (FEGAXA), CONVOCA, segundo o previsto pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, LEI 3/2012 do 2 de abril do deporte de Galicia, o DECRETO 171/2021 do 23 de decembro e a LEI 3/2025 de 15 de decembro da modificación da Lei 3/2012 do 2 de abril do deporte de Galicia, polo que se establecen as bases e os criterios para a elaboración dos regulamentos electorais que deben rexer a realización dos procesos electorais nas federacións deportivas galegas e o regulamento electoral aprobado pola Secretaría Xeral para o Deporte, o Presidente da Federación Galega de Xadrez convoca a celebración de eleccións á Asemblea Xeral, Comisión Delegada e Presidencia.
Toda a información, neste enlace.
Convocatoria de Campionatos de España 2026
A FEDA a través das súas circulares 16/2026, 17/2026 e 18/2026 convoca os seguintes Campionatos de España 2026:
- Circular 16/2026: Campionato de España de Xadrez Rápido por Parellas Mixtas 2026.
- Data celebración: Sábado, 11 de Xullo de 2026.
- Lugar: Pavillón Polideportivo de Benasque.
- Inscricións a través da plataforma APP FEDA Gersoft ata as 22:00 horas do 08/07/2026.
- Circular 17/2026: Campionato de España de Xadrez Rápido Sub-08 a Sub-18 2026.
- Datas de celebración: 01 e 02 de Agosto de 2026.
- Lugar: Centro Municipal de Cultura Comunitaria “Identidades” en Torre Pacheco (Murcia).
- Inscricións a través da plataforma APP FEDA Gersoft ata o 27/07/2026.
- Circular 18/2026: Campionato de España Individual Xuvenil Sub-18 2026.
- Datas de celebración: do 03 ao 08/08/2026.
- Lugar: Hotel Guadiana de Ciudad Real.
- Inscricións a través da plataforma APP FEDA Gersoft ata o 12/07/2026 (para clasificados) e ata o 19/07/2026 (para Open).
III Torneo Escolar Concello Carballo
O Sábado, 20 de Xuño tivo lugar a clausura e entrega de premios do 4º torneo pertencente ao XIX Circuito Galego Xadrez Promoción 2026: III Torneo Escolar Concello Carballo, coa participación de 80 xogadores.
Toda a información neste enlace
Clasificación Provisional XIX Circuito Galego Xadrez Promoción 2026
Campionato do Mundo por Equipos 2026
O 19 e 20 de Xuño de 2026 tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato Mundial de Xadrez Rápido e Blitz por Equipos da FIDE, que tivo lugar no Queen Elizabeth Stadium de Hong Kong. Na modalidade de Rápidas: o xogador do Club Xadrez Mos, GM Manuel Pena Gómez, acadou có seu equipo (The Chess Academy Hong Kong Team B) o posto 34º. E a xogadora do Club Xadrez Fontecarmoa, WFM Paula Súarez Gómez, obtivo o posto 47º có seu equipo C.A. Silla Integrant Col-lectius.
Na modalidade Blitz: o The Chess Academy Hong Kong Team B obtivo 7 puntos e o C.A. Silla Integrant Col-lectius obtivo 2 puntos, quedando ambos eliminados das seguintes fases.
Web oficial do evento: worldrapidblitzteams2026.fide.com
Resultados (Chess-Results): https://s3.chess-results.com/tnr1435703.aspx?lan=2&art=16&turdet=YES&flag=30&SNode=S0&tno=1435703&zeilen=99999
Retransmisión en directo (Lichess): lichess.org/broadcast
Campionato Mundial Xuvenil de la FIDE 2026.
Do 14 ao 27 de Xuño de 2026 levarase a cabo o Campionato do Mundo de Xóvenes categorías Sub14, Sub16 e Sub18 en Montesilvano, Italia, nas instalacións do Centro de Congresos Dean Martin. Neste campionato participa a xogadora Irene Diz Loroño, na categoría Sub-18.
Chess-results: ESPAÑA
Galería Fotografica: Facebook World
X Juan Carlos Abella
O Sábado, 6 de Xuño tivo lugar a clausura e entrega de premios do 1º Torneo pertencente ao XXXVII Circuito Galego de Xadrez 2026: X Juan Carlos Abella, onde o CM Iago Fernandez Ramos proclamouse campión con 6 puntos.
Toda a información neste enlace
Clasificación Provisional XXXVII Circuito Galego de Xadrez 2026














