Category Archives: Sin categoría
Liga Galega por equipos de Club 2019 – Prazo máximo alineación xogadores
Infórmase que o xoves, 07 de Marzo de 2019 ás 17:00 horas remata o prazo de alineación de xogadores aos ordes de forza dos equipos participantes na Liga Galega por equipos de Club 2019, atendendo ao apartado 3.6 do artigo 62 do Titulo VIII do regulamento Xeral de Competicións: “3.6. Todos os xogadores incorporados a un club unha vez finalizado o período de notificación de ordes de forza, de incluírse nalgún equipo, engadiranse co número de orde seguinte ao que xa exista, sendo o prazo límite 48 horas antes do comezo da sexta rolda, tomando como referencia a división de honra.”
Para poder alinear xogadores dentro do prazo establecido, habería que enviar un e-mail a fegaxa@fegaxa.org. Rematado o prazo non se aceptarán máis incorporacións.
I Open Internacional Sub-2200 – Xadrez Ponteareas
Torneo valedero para elo Fide e Feda.
Datas: 02 e 03 de Marzo de 2019
Local de xogo: Centro de Servicios Sociais de Ponteareas: Rua Oriente, Nº 8 – Ponteareas
Curso presencial de Árbitro de Base e Árbitro Autonómico de xadrez
Datas: 10 e 31 de Marzo, 19 e 20 de Abril de 2019.
Rematado o prazo de inscrición.
Convocatoria e temario, neste enlace.
Concesións arbitraxes Campionatos Galegos 2019
Rematado o pasado 19 de Febreiro de 2019 o prazo de solicitudes de arbitraxe para os Campionatos Galegos 2019, pubrícanse as concesións correspondentes neste enlace.
Deputacion de Pontevedra – Subvencións a clubs deportivos para o ano 2019
Convocatoria de subvencións a clubs deportivos que participen en competicións federadas de ámbito inferior a nacional.
Toda a información, neste enlace.
Campionatos Provinciais 2019
Rematados os Campionatos Provinciais 2019, publícanse as clasificacións finais neste enlace.














