Category Archives: Sin categoría

Campionato de España de Xadrez Rápido por Equipos de Club 2025

O Sábado 20 de Setembro de 2025 tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato de España de Xadrez Rápido por Equipos de Club 2025  nos salóns do Restaurante Mandala (Zafra-Badajoz) o C.A. Silla Integrant Col-lectius da Federación de Xadrez da Comunidade Valenciana proclamouse Campión de España por Equipos de Xadrez Rápido 2025.

Dos equipos Galegos o Xadrez Ourense obtivo o 4º posto con 11 puntos, o equipo Escola Luguesa de xadrez A obtivo o 7º con 10 puntos e o Escola Luguesa de xadrez B o posto 23º con 6 puntos.

Enlace Info64

Retransmisión en directo.

Xornadas e adestramentos deportivos. Tecnificación deportiva 2025/2026

A Federación Galega de Xadrez a través da súa circular 05/2025 publica as xornadas e adestramentos deportivos. Tecnificación deportiva 2025/2026.

Pódese consultar no seguinte enlace.

Prazo de inscrición rematado.

V Torneo Promoción Narón 2025

O Sábado, 20 de Setembro tivo lugar a clausura e entrega de premios do 9º torneo pertencente ao XVIII Circuíto Galego Promoción 2025: V Torneo Promoción Narón 2025, coa participación de 28 xogadores.

Enlaces Info64: categoría Sub-08, categoría Sub-10, categoría Sub-12 y categoría Sub-14.

Clasificación Provisional XVIII Circuíto Galego Promoción 2025. 

IV Torneo Concello de Dumbría

O Sábado, 20 de Setembro de 2025 en Dumbría (A Coruña) tivo lugar o 13º torneo pertencente ao XXXVI Circuito Galego de Xadrez Internacional 2025: IV Torneo Concello de Dumbría.

O Xogador Iago Fernández Ramos (Marquiño) proclamouse campión con 6 puntos,  WFM Inés Prado Acebo (Benchoshey) e IM Diego Adrián Espiñeira Gonzalez (Padrón) obtiveron o 2º  e 3º posto respectivamente con 5,5 puntos.

Enlace Info64.

Clasificación Provisional XXXVI Circuito Galego de Xadrez 2025

VII Torneo Xadrez Cidade de Compostela

O Sábado, 13 de Setembro tivo lugar a clausura e entrega de premios do 8º torneo pertencente ao XVIII Circuíto Galego Promoción 2025:  VII Torneo Xadrez Cidade de Compostela, coa participación de 115 xogadores.

Enlaces Info64: categoría Sub-08categoría Sub-10categoría Sub-12 y categoría Sub-14.

Clasificación Provisional XVIII Circuíto Galego Promoción 2025. (Actualizada o 19/09/2025)

II Aberto Concello de Ordes

O Domingo, 14 de Setembro de 2025 no Pavillón Deportivo Castelao (Ordes)  tivo lugar o 12º torneo pertencente ao XXXVI Circuito Galego de Xadrez Internacional 2025: II Aberto Concello de Ordes.

Doble empate a 7,0 puntos onde o  FM Marcos Antonio Morales Marmol   proclamouse campión, o FM Fernando Sanchez Aller foi o subcampión e o xogador IM Diego Adrian Espiñeira Gonzalez foi o 3º clasificado con 6,5 puntos.

Enlace Info64.

Clasificación Provisional XXXVI Circuito Galego de Xadrez 2025

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies