Category Archives: Sin categoría

Fide Grand Prix 2017

A Federación Internacional de Ajedrez, FIDE, confirmou oficialmente as sedes e datas do GRAND PRIX 2017. Podes ver o comunicado en este enlace.

España será a anfitriona do Torneo final en novembro 2017 e a sede será Palma de Mallorca, que é parte da historia do Xadrez desde os súper torneos organizados alí nos anos sesenta. En Palma organizouse o Interzonal de 1970 gañado por Robert Fischer que permanece nos recordos do xadrez.

A fórmula renovada do FIDE Grand Prix para o ciclo 2017-2018 amplía a veinticuatro o número de participantes, dezaoito deles xogando en cada torneo. Cada participante pode tomar parte en tres dos catro torneos de 2017, acumulando os puntos. Os dous mellores xogadores clasificaranse para o torneo de Candidatos de 2018.

O Wild Card da Federación Española de Ajedrez concederase ao Gran Mestre Francisco Vallejo Pons, con 2711 puntos Elo. O torneo está programado do 15 ao 26 Novembro de 2017.

Magnus Carlsen proclamase Campión Mundial

Magnus Carlsen proclamouse Campión Mundial en Nueva York por terceira vez consecutiva. O match a 12 partidas polo título contra o ruso Sergey Karjakin finalizou en táboas, cunha victoria para cada xogador. O desenlace do campionato chegaría nos desempates onde nas catro partidas de semi-rápidas o noruego impúsoxe 3 a 1 tras lograr gañar as dúas últimas partidas.

Páxina Web OficialPartidas en Chess24.

Festival Bali. Campionato por equipos Sub-12 e Sub-18.

O Club Xadrez Fontecarmoa proclamouse campión no IX Campionato de España por Equipos Sub 18 (a Federación Española de Ajedrez homologa esta competición, autorizando a denominación de Campionato de España), que tivo lugar do 3 ao 7 de decembro no Gran Hotel Bali.

Toda a información do evento, neste enlace.

I Clinic de Xadrez 2016

A Escola Luguesa de Xadrez en colaboración cá Exma. Deputación de Lugo e en colaboración có Concello de Lugo, a Xunta de Galicia e o diario El Progreso; levarán a cabo o I Clinic de Xadrez, impartido polo GM Adrian Mikhalchisin.

O Clinic celebrarase no Centro Xuvenil Lug2 durante o fin de semana do 25 ao 27 de Novembro de 2016.

Pódese inscribir ata o xoves, 24 de Novembro de 2016, tendo un coste de 70 € para os xogadores federados na Escola Luguesa, 80 € para os xogadores federados en algún club da provincia de Lugo e 90 € para os xogadores federados en xeral. Prazas limitadas. Inscricións no e-mail xaquedrum@gmail.com ou no teléfono 657 974 937.

Máis información, descargar pdf.

Convocatoria organización Campionatos Provinciais 2017.

A Federación Galega de Xadrez convoca a organización dos Campionatos Provinciais 2017.

A data límite de solicitude de organización é ata o 30 de Novembro de 2016 no e-mail fegaxa@fegaxa.org adxuntando a solicitude correctamente cumprimentada.

Solicitude de organización (descargar formato pdf ou descargar formato excell).

VII Torneo Cidade de Lugo

TORNEO VALEDERO PARA ELO FIDE.

DATAS: Do 18 ao 20 de Novembro de 2016.

LOCAL DE XOGO: Lug2 sito na Rúa Pintor Corredoira, Nº 4 – 27002 Lugo. .

INSCRICIÓNS: no email  xaquedrum@gmail.comPrezo inscrición: Ata o martes 14 de novembro  20 €, do 15 de novembro ata o vernes 18 ás 14 horas 25€. Data límite de inscrición: 18 de novembro ás 14 horas.

            Bases do torneo.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies