Category Archives: Sin categoría
XXXVIII Open Internacional de Xadrez Albariño
Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios do IV Torneo pertencente ao XXXIV CIRCUITO GALEGO DE XADREZ 2023: XXXVIII Open Internacional de Xadrez Albariño.
O xogador MI Lennis Martinez Ramirez proclamouse este ano campión do torneo con 8,0 puntos. O xogador do Club USC Diego Cacheiro Blanco clasificouse no 2º posto con 7,5 puntos.
Enlace Info64
Clasificación Provisional do XXXIV Circuito Galego de Xadrez 2023 (Actualizado 10/08/2023)
Campionatos de España de Idades – Salobreña 2023
Este fin de semana tivo lugar a derradeira categoría dos Campionatos de España de Idades, Sub-18. Onde o xogador FM Xulio Del Prado Rodríguez do Xadrez Ourense proclamouse Campión de España da modalidade de rápidas.
Este ano obtivéronse 8 podios:
- Mateo Rey Barciela (Ajedrez Lucena) – 3º clasificado no Campionato de España Sub-08.
- Mar Rodríguez Collazo (TDFC) – 2ª clasificada feminina (30º posto na xeral) no Campionato de España Sub-08.
- Diego Ibáñez Cruces (Ajedrez Lucena) – Subcampión de España Rápidas Sub-12.
- Xulio Del Prado Rodríguez (Xadrez Ourense) – Campión de España Sub-16.
- Diego Cacheiro Blanco (USC) – Subcampión de España Sub-16.
- Paula Suárez Gómez – 2ª clasificada feminina (53º posto na xeral) no Campionato de España Sub-16.
- Nerea Cereijo Suárez (Escola Xadrez Compostela) – 2ª clasificada feminina (63º posto na xeral) no Campionato de España Rápidas Sub-16.
- Xulio Del Prado Rodríguez (Xadrez Ourense) – Campión de España Rápidas Sub-18.
Noraboa!!
Campionato de España Sub-16 Lentas Sub -16 Xadrez Rápido 2023
O sábado 29 de xullo tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato de España Sub-16 de lentas no Hotel Salobreña Suites, onde o xogador Galego Xulio del Prado Rodriguez (Club Deportivo Xadrez Ouense) proclamouse Campión con 8.5 puntos, acompañao no podio Diego Cacheiro Blanco (Club USC) en segunda posición con 7.5 puntos e Paula Suarez Gomez (Xadrez Fontecarmoa) segunda Clasificada Feminina.
Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Salobreña Suites (Granada) do Campionato de España Sub-16 de rápidas, Diego Macias Pino da Comunidad Valenciana e Arami Lobo Pereira de Cataluña proclamaronse Campións de España por Edades de Xadrez Rápido Sub 16, a xogadora Galega Nerea Cereijo Suarez (Escola Xadrez Compostela) obtivo o segundo posto do podio Feminino.
¡Parabéns!
Campionato de España por Equipos Ceclub Segunda División 2023
A Feda a través da súa circular 14/2023 convoca o Campionato de España por equipos Ceclub Segunda División 2023.
Toda a información neste enlace.
XI Torneo Internacional Cidade de Pontevedra
O domingo 30 de Xullo de 2023 tivo lugar a clausura e entrega de premios do III Torneo pertencente ao XXXIV Circuito Galego Internacional de Xadrez 2023: XI Torneo Internacional Cidade de Pontevedra donde o GM Vignesh NR proclamouse campión con 7 puntos.
Enlace Info64
Clasificación Provisional del XXXIV Circuito Gallego de Ajedrez 2023 (Actualizado 31/07/2023)
XXXV Torneo Infantil de Xadrez Albariño
O domingo 30 de xullo de 2023 tivo lugar a clausura e entrega de premios do VI TORNEO PERTENCENTE AO XVI CIRCUITO GALEGO XADREZ PROMOCIÓN 2023, XXXV Torneo Infantil del Albariño con cerca de 100 xogadores participantes.
Máis información do torneo, neste enlace.
Enlaces a Info64: Sub-08, Sub-10, Sub-12 y Sub-14.
Clasificacion Provisional XVI Circuito Galego Xadrez Promoción2023 (actualizado el 31/07/2023).














