VIII Aberto Concello de Carballo Clásico

Do 31 de Agosto ao 5 de Setembro de 2025 no Mercado Municipal de Abastos de Carballo,  tivo lugar o 9º torneo pertencente ao XXXVI Circuito Galego de Xadrez Internacional 2025: VII Aberto Concello de Carballo Clásico

O xogador  IM Luis Marcos Medarde Santiago (Club Ajedrez Padrón)  proclamouse campión con 6 puntos,  o FM Ezra Paul Chambers (Burundi) e Noel Casares Pedride (Millarengo) obtiveron o 2º e 3º posto respectivamente con 5,5 puntos.

Enlace Info64

Clasificación Provisional XXXVI Circuito Galego de Xadrez 2025

I Torneo Internacional Concello de Oroso

O Sábado, 6 de Setembro de 2025  no Pavillón Juanito Amigo Ferreiro (Sigüeiro) tivo lugar o 10º torneo pertencente ao XXXVI Circuito Galego de Xadrez Internacional 2025: I Internacional Concello de Oroso.

Doble empate a 7,0 puntos onde o  IM Sion Radamantys Galaviz Medina proclamouse campión o IM Luis Marcos Medarde Santiago foi subcampión e o xogador FM Banele Mhango foi o 3º clasificado con 6,5 puntos.

Enlace Info64.

Clasificación Provisional XXXVI Circuito Galego de Xadrez 2025.

XVI Torneo Internacional Concello de Rianxo

O Domingo, 7 de Setembro tivo lugar a clausura e entrega de premios do 7º torneo pertencente ao  XVIII Circuíto Galego Promoción 2025: XVI Torneo Internacional Concello de Rianxo, coa participación de 59 xogadores.

Enlaces Info64: categoría Sub-08, categoría Sub-10, categoría Sub-12 y categoría Sub-14.

Clasificación Provisional XVIII Circuíto Galego Promoción 2025.

 

O Domingo, 7 de Setembro de 2025 no Pavillón de Deportes de Rianxo tivo lugar o 11º torneo pertencente ao XXXVI Circuito Galego de Xadrez Internacional 2025:  XVI Torneo Internacional Concello de Rianxo.

Triple empate a 7,0 puntos onde o FM Rubén Fernández López proclamouse campión, o IM Sion Radamantys Galaviz Medina foi subcampión e o xogador FM Alexander Zambrano Rodriguez foi o 3º clasificado.

Enlace Info64.

Clasificación Provisional XXXVI Circuito Gallego de Ajedrez 2025.

Campionato de España Individual Xuvenil Sub-18 2025

Onte (28/08/2025) tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato de España Individual Xuvenil Sub-18 2025 que tivo lugar nos salóns do Hotel RL Ciudad de Úbeda (Jaén).

A xogadora WFM do Club Xadrez Fontecarmoa, Paula Suárez Gómez, proclamouse Subcampioa de España Xuvenil Sub-18 2025 con 5,0 puntos e posto 56º da xeral.

O FM da Sección Deportiva USC, Diego Cacheiro, acadou o 6º posto con 6,5 puntos. A mesma puntuación que o xogador do CD Xadrez Ourense, FM Xulio Del Prado Rodríguez que conseguiu o 7º posto.

Enlace Info64.

Retransmisión en directo.

IX Juan Carlos Abella

O Sábado, 23 de Agosto de 2025 na Casa do Xadrez Ferrolá tivo lugar o 8º torneo pertencente ao XXXVI Circuito Galego de Xadrez Internacional 2025: IX Juan Carlos Abella (torneo tipo C).

Triple empate a 6,0 puntos onde o MI Mariano Ortega Amarelle proclamuse campión con 6,0 puntos, o MF Marcos Antonio Morales Mármol foi subcampión e o xogador Noel Casares Pedride foi o 3º clasificado.

Enlace Info64.

Clasificación Provisional XXXVI Circuito Galego de Xadrez 2025 (actualizada o 25/08/2025).

CECLUB 2ª División 2025

Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios do CECLUB de 2ª División 2025.

No Grupo Norte (celebrado en Sabadell – Barcelona) o Círculo Ferrolán de Xadrez obtivo o 7º posto con 8,0 puntos e o Xadrez Mos o 14º posto con 6,0 puntos.

No Grupo Sur (celebrado en Linares – Jaén) a Escola Luguesa de Xadrez obtivo o 20º posto con 6,0 puntos.

Enlace Info64 Segunda División Norte.

Enlace Info64 Segunda División Sur.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies