Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria
Por orde do Sr. Presidente de Federación Galega de Xadrez D. Gaspar Pérez Carnero, convocase, segundo o artigo 33.2 dos estatutos da FEGAXA, reunión da Asemblea Xeral Ordinaria desta federación deportiva para o vindeiro día 25 de febreiro de 2018, ás 13:00 horas en primeira convocatoria e ás 13:30 en segunda convocatoria, no hotel Scala en Padrón.
Regulamento electoral para as eleccións á FEGAXA (correspondente ao punto 1)
III Open Internacional Sub-2200 Hotel CEMAR
TORNEO VALEDERO PARA ELO FIDE.
Datas: 10 e 11 de Febreiro de 2018.
Local de xogo: Salons Hotel CEMAR sito na Estrada Xeral Ponteareas-Mondariz, Km 7 – Mondariz Balneario.
Enlace do torneo en CHESSRESULTS.
Enlace ao Blog oficial do torneo.
III Torneo Internacional Blitz Macondo
TORNEO VALEDERO PARA ELO FIDE.
DATA: Domingo, 11 de Febreiro de 2018.
LOCAL DE XOGO: El Café de Macondo sito na R/ San Andres, Nº 106 – A Coruña.
INSCRICIÓNS: Cota de 7 € no e-mail: elcafedemacondo@mundo-r.com ou no teléfono 981 22 38 18.
Máis información, neste enlace.
Modificacións na Normativa de árbitros da FEDA
O Comité Técnico de Árbitros aprobou o pasado 26 de Xaneiro os diferentes cambios na normativa e no sistema de exámenes. Pódense consultar no seguinte enlace.
Liga Galega por equipos de Club 2018
Este Sábado, 27 de Xaneiro de 2018 comeza a Liga Galega por equipos de Club 2018, onde preto de 1000 xogadores participarán nesta primeira rolda.
Lembramos que as roldas deberán comezar ás 17:00 horas e o prazo máximo para o REXISTRO por parte do equipo local e CONFIRMACIÓN por parte do equipo visitante do acta do encontro son os martes despois da disputa do encontro ás 19:00 horas.
Solicitudes e concesión arbitraxes principais Campionatos Galegos 2018.
Rematado o prazo de solicitudes de arbitraxe para os Campionatos Galegos 2018, pubrícanse a concesión dos mesmos neste enlace.














