Liga Galega por equipos de Club 2025

Rematada a Liga Galega por equipos de Club 2025 o pasado 3 de Maio de 2025, o Club Deportivo Xadrez Ourense A proclamouse Campión Galego Absoluto por equipos da tempada 2025 con 45,0 puntos, seguido do Círculo Ferrolano A con 41,0 puntos e o 3º clasificado foi CXF – Viajes Interrias Sanxenxo  con 40,5 puntos.

CATEGORIA PREFERENTE:

Tras a xornada decisiva deste sábado 3 de Maio o Club Xadrez Mos A  proclamouse Campión da Categoría Preferente 2025.

Ida: Algalia 3,5 vs Club Xadrez Mos A 2.5

Descargar acta.

Volta: Club Xadrez Mos A 4,5 vs Algalia 1,5

Descargar acta.

Na promoción de Ascenso a División de Honra será o equipo Lucena XG-Vigo quen participará na máxima categoría Galega 2026:

Ida: Lucena XG -Vigo 3 vs Narontec CXN 3

Descargar acta.

Volta: Narontec CXN 2,5 vs Lucena XG -Vigo 3,5

Descargar acta.

 

 

Convocatoria Arbitraxe Campionatos Galegos 2025

Rematado o prazo de solicitudes para actuar como árbitro nos Campionatos Galegos por equipos de Club 2025 (xadrez Lóstrego e xadrez Rápido) que se celebrarán no Hotel Scala (Padrón) o 24 e 25 de Maio de 2025, respectivamente; e para actuar como árbitro no X Campionato Galego Individual de Xadrez Lóstrego e no XIV Campionato Galego Individual de Xadrez Rápido que se celebrarán no Hotel Scala (Padrón) o 31 de Maio e 01 de Xuño de 2025, respectivamente; publícanse as concesións de cada Campionato:

Concesión Campionatos Galegos por equipos de Club 2025 (xadrez Lóstrego e xadrez Rápido).

Concesión X Campionato Galego Individual de Xadrez Lóstrego e no XIV Campionato Galego Individual de Xadrez Rápido.

Concentracións FEGAXA 2025 – Rectificado

A Federación Galega de Xadrez realizará no Hotel Scala de Padrón as concentracións de preparación aos Campionatos de España 2025.

Os días serán os domingos, 04 e 18 de Maio e o 15 de Xuño de 2025.

O prazo de confirmación de asistencia estará aberto ata o 29/04/2025 (incluído) e realizarase no e-mail fegaxa@fegaxa.org.

Toda a información actualizada neste enlace.

Campionato “Xunta de Galicia” Absoluto 2025

Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala (Padrón) dos Campionatos “Xunta de Galicia” 2025, Categoría Absoluta, Feminina, Veterán +50 e Veterán +65.

No Campionato Absoluto Open 2025 o xogador MI Julio Suárez Gómez do Club Xadrez Fontecarmoa proclamouse Campión con 7 puntos dos 8 posibles; o  Subcampión foi FM Diego Cacheiro Blanco (Sección deportiva USC) con 6,5 puntos e o tercer clasificado, FM Xulio Del Prado Rodríguez (CD Xadrez Ourense) tamén con 6,5 puntos.

A WMI Lidia Karen Zapata Campos (Xadrez Benchoshey) foi a 1ª clasificada feminina (45º posto na xeral) con 4.5 puntos dos 8 posibles.

Nas categorías Veteranas, o MI D. Diego Guerra Bastida (Círculo Ferrolano) proclamouse o 1º veterán +50 con 6,0 puntos e na categoría veterana + 65 o 1º fue D. Matías González-Chas Pico (Escola Tecnica de Xadrez da Coruña) no posto 64º da xeral.

Noraboa a tod@s!!

Enlace Info64: categoría Absoluto Open.

Enlace Retransmisión: categoría Absoluto Open.

Campionato «Xunta de Galicia» Sub-16 2025

Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala ( Padrón) dos Campionatos » Xunta de Galicia» 2025, categoría Sub-16 Open.

Proclamouse Campión  Iago Fernández Ramos do Club Deportivo Marquiño, Adrián Argudín Fernández (Xadrez Mos) foi o Subcampión e Javier Del Valle Crespo (Xadrez Mos) o 3º clasificado. Irene Diz Loroño do Club Xadrez Fontecarmoa foi a 1ª clasificada feminina (18º posto na  xeral)

Parabéns a todos!

Toda a información, neste enlace.

Campionato Galego Sub-16 Open 2025

Campionatos «Xunta de Galicia» Semana Santa Sub-10, Sub 12 e Sub 16 2025

Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala (Padrón) dos Campionatos » Xunta de Galicia» 2025, categorías Sub-10 Open e Sub-12 Open.

Na Categoría Sub-10 o xogador de Ajedrez Lucena,  Mateo Rey Barciela proclamouse Campión, Telmo Vicente Resua do Club Xadrez Rianxo foi o Subcampión e Noe Díz Eitor (Ajedrez Padrón) o 3º clasificado. Ariadna López Núñez  (Coruña Club Ajedrez) acadou o posto 5º da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.

Na Categoría Sub-12,  proclamouse Campión o xogador Marcos Iglesias Flores da Escola Luguesa, David Álvarez Gándara (Club Ajedrez Lucena) foi o Subcampión e Javier Lema Fernández (Escola Xadrez Pontevedra) o 3º clasificado. Alicia Castillo Cores da Escola Xadrez Pontevedra foi a 1ª clasificada feminina (10º posto na xeral).

¡Parabéns a todos!

Toda a información, neste enlace.

Enlaces Info64:

Campionato Galego Sub-10 Open 2025

Campionato Galego Sub-12 Open 2025

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies