XIV Circuito Galego Promoción 2019

Dando continuidade ó circuito promoción celebrado no ano 2018, dende a Federación Galega de Xadrez estase a traballar na elaboración do XIV CIRCUITO GALEGO PROMOCION 2019, nun intento de seguir promocionando o xadrez nos rapaces mais xóvenes da sociedade galega aficionados a este deporte.

Para ser aceptados deberanse cumprir maioritariamente as pautas marcadas pola Federación inda que tratarase de amoldar as características individuais de cada evento xa consolidado. Por cuestións de calendario, non se aceptarán mais de 16 torneos no Circuito.

O prazo de inscrición pecharase o 10 de abril de 2019, non obstante, terán preferencia os torneos incluídos no calendario 2018 e o resto das solicitudes por orde de entrada.

Bases do XIV Circuito Galego de Xadrez Promoción 2019.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies