Category Archives: Sin categoría

Modificación Calendario XVII Circuito Galego Xadrez Promoción 2024

Infórmase da suspensión do V Torneo Colegio Los Sauces pertencente ao XVII Circuito Galego de Xadrez Promoción 2024.

IMPORTANTE: Para optar a clasificación final será necesario participar e finalizar  9 torneos.

Calendario do XV Circuito Galego Xadrez Promoción 2024.

VII Torneo Vila de Noia

O domingo, 06 de Outubro tivo lugar a Clausura e entrega de premios do 13º Torneo pertencente ao  XVII Circuito Galego de Xadrez Promoción 2024: VII Torneo Vila de Noia, coa participación de 60 xogadores.

Enlaces Info64: categoría Sub-08, categoría Sub-10, categoría Sub-12 e categoría Sub-14.

Clasificación Provisional do XVII Circuito Galego Xadrez Promoción 2024.

Para máis información do  XVII Circuito Galego Xadrez Promoción 2024, aquí.

Falece o GM Zenón Franco

A Federación Galega de Xadrez e todo o xadrez galego ofrecemos o noso máis sentido pésame á familia, e en especial a súa muller Yudania, polo falecemento do Gran Mestre  Zenón Franco.- DEP.

X Campionato Iberoamericano Individual Absoluto

O luns 1 de Outubro tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel RL Aníbal de Linares (Jaén) do X Campionato Iberoamericano Individual Absoluto. O GM Alan Pichot  proclamouse Campión, acompañan no podio a Alan, o IM Daniel García Ramos de España e no terceiro posto de Colombia, o GM Santiago Ávila Pavas.

Enlace Info64.

XXX Memorial Adolfo Pedrido

O sábado, 28 de Setembro tivo lugar a Clausura e entrega de premios do 12º Torneo pertencente ao  XVII Circuito Galego de Xadrez Promoción 2024:  XXX Memorial Adolfo Pedrido, coa participación de 113 xogadores.

Enlaces Info64: categoría Sub-08categoría Sub-10categoría Sub-12 e categoría Sub-14.

Clasificación Provisional do XVII Circuito Galego Xadrez Promoción 2024. (Rectificado o 01/10/2024)

Para máis información do XVII Circuito Galego Xadrez Promoción 2024, aquí.

Xornadas e adestramentos deportivos. Tecnificación deportiva 2024/2025

A Federación Galega de Xadrez a través da súa circular 05/2024 publica as xornadas e adestramentos deportivos. Tecnificación deportiva 2024/2025.

Pódese consultar no seguinte enlace.

Prazo de inscrición rematado.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies